Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

27/11/20 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense inaugura a ruta “O románico nas Terras de Maside”

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, investiu máis de 5 mil euros

27/11/20 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis dun millón euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca de Ferrol

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo financia este tipo de traballos con cargo ás ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas

27/11/20 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha un edificio propio de 2.000 metros cadrados para albergar a sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións do Imelga, onde anunciou que o Goberno galego dá resposta así a “unha reivindicación histórica” do organismo

27/11/20 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro destaca "o gran traballo da Xunta de Galicia en formación e inserción laboral" na clausura do obradoiro de emprego Lérez-Verdugo II

A delegada territorial resalta que o Goberno galego “está a redobrar o esforzo nestas áreas especialmente nestes momentos complicados pola pandemia e co obxectivo de impulsar canto antes a reactivación”

27/11/20 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pecha a edición máis numerosa do programa TecEuropa coa participación de 70 técnicos galegos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu hoxe o acto de clausura e destacou a importancia das políticas das transicións ecolóxica e dixital nos novos fondos europeos de recuperación

27/11/20 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de San Amaro

O novo representante do Goberno autonómico reuniuse co alcalde do concello de San Amaro, Rubén Gómez, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica

26/11/20 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 85,6 millóns de euros na programación, seguridade e promoción do Xacobeo 2021

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento galego para explicar as contas do departamento que dirixe para o próximo ano

26/11/20 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro reafirma a "máxima colaboración" da Xunta cos concellos de Vila de Cruces e Agolada nas súas visitas institucionais

Reúnese co alcalde cruceño, Luis Taboada, e recolle as súas demandas, centradas en melloras viarias e cuestións loxísticas no centro de saúde e os colexios públicos

26/11/20 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de medio millón de euros a mellorar a xestión de residuos en 19 concellos lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se concederon achegas para habilitar puntos limpos móbiles ou fomentar a compostaxe, entre outras medidas