19/09/22 | 18:07 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación A Xunta salienta ante a Comisión de Industria do Parlamento Europeo o compromiso de Galicia cunha transición enerxética planificada e xusta
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que acompaña á delegación da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo, sinala que este proceso debe ter en conta o impacto no emprego e no territorio e abrir novas oportunidades no ámbito industrial e enerxético
Galicia está sendo pioneira no desenvolvemento de renovables, cumprindo xa os obxectivos fixados para 2030 e segue a traballar en novos retos no eido do hidróxeno verde, o biometano, as centrais reversibles ou a eólica mariña
Isto vai permitir impulsar modelos de desenvolvemento non só industrial senón tamén na economía circular e na mobilidade sostible
Esta tarde están previstas visitas ao Porto Exterior de Ferrol, coa participación de empresas que están a desenvolver proxectos vinculados á transición enerxética na comarca de Ferrolterra; así como a Navantia e a Reganosa