Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da nova vía de conexión coa aldea de Fafián, un investimento de 860.000 € que supón o 1º paso da variante de Ribeira
Vázquez Mourelle destaca que a intervención, licitada por case 574.000€, comezará a principios da primavera e terá un prazo de execución de 12 meses
A Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música populares recuperan o seu certame para unha 15ª edición que reunirá en Celanova uns 400 músicos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, interveu na presentación do evento, que se celebrará o 3 e o 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara coa participación de oito formacións
A Xunta abrirá a estación de autobuses o 17 de decembro tras os novos atrasos do concello para a posta en funcionamento do túnel de Lepanto e o fin das obras dos apeos do ascensor HALO
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, confirma a nova data para recibir aos primeiros usuarios en Urzaiz tras comprobar na comisión de seguimento que haberá máis atrasos por parte do Concello
A Xunta convida ás pemes galegas a aproveitar os recursos autonómicos de asesoramento gratuíto para impulsar a responsabilidade social empresarial
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, pechou hoxe en Vigo a xornada Os novos piares do mercado económico: as persoas e o planeta na que participou, entre outros relatores, Juan Verde, ex-asesor de Obama
A Xunta reforzará e ampliará os recursos para as vítimas da violencia de xénero cun orzamento para combater esta lacra que sube o 14% ata os 20,5 M€
A conselleira da Igualdade, María Jesús Lorenzana, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para poñer en valor os recursos e esforzos da Xunta contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas en todos os ámbitos
A Xunta destaca que a cadea monte industria galega facturou en 2021 máis de 2.500 M€, a mellor cifra desde que hai rexistros
José González anunciou que ao longo do vindeiro ano a Consellería iniciará o camiño para a redacción dun Plan Estratéxico da industria forestal-madeira, que se aliñará co Plan Forestal de Galicia
A Xunta e a Universidade da Coruña renovan a súa colaboración no fomento da investigación e control de calidade de hidrocarburos
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá en Ferrol as instalacións do Laboratorio de Combustibles da UDC no CIS Tecnoloxía e Deseño
Galicia integrará tres centros na nova rede estatal de excelencia de formación profesional
Son os Centros Integrados de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, As Mercedes de Lugo e Ánxel Casal da Coruña
A Xunta destaca o papel de Roberto Verino como embaixador da moda galega
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou en Santiago de Compostela na inauguración da exposición ‘40 anos de Estilo Verino’