Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/11/22 | 17:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Martina Aneiros destaca a relevancia do patrimonio cultural e histórico das navegacións marítimas na clausura da exposición itinerante ‘Exploraterra’

A iniciativa forma parte dun proxecto no que colabora a Xunta e a Fundación Nao Victoria e que pretende incentivar a atracción de fluxos turísticos mediante a posta en valor dos portos galegos nas expedicións transoceánicas

22/11/22 | 17:22 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP analiza o relevo xeracional da función pública marcado pola futura revolución tecnolóxica

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organizará o próximo xoves 24 de novembro o webinario “O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI”

22/11/22 | 17:11

A Xunta comparte na comunidade valenciana a súa experiencia na xestión da disciplina urbanística

O director da APLU incide na necesidade de complementar as funcións de inspección, reposición e sanción con actuacións relativas á divulgación, formación, asesoramento e concienciación

22/11/22 | 16:55 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Lugo un curso sobre capacitación para o persoal de granxas de gando avícola

Impartirase ao longo de catro días no edificio administrativo da Xunta en Lugo a partir do vindeiro venres 25 de novembro

22/11/22 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia para o rural galego das axudas da PAC e de plans de mellora e incorporación de mozos

José Balseiros lembrou que o Goberno galego volveu convocar este ano unha liña de anticipos para adiantar aos agricultores e gandeiros galegos no verán uns 200 millóns de euros das achegas da PAC

22/11/22 | 16:01 | C. de Economía e Industria

Os obradoiros de Santiago Besteiro (Monterroso), Raíces Nómadas (Ribadeo), Verónica Moar (A Coruña) e Laura Delgado (Cambre) compiten como finalistas do Premio Artesanía de Galicia 2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presidiu o xurado destes galardóns que buscan estimular o traballo de creación dos artesáns galegos, recoñecer a súa mellora continua e contribuír ao seu desenvolvemento
 

22/11/22 | 15:21 | C. de Sanidade

A Xunta aumentará máis dun 9% en 2023 o orzamento destinado á investigación sanitaria, ata acadar os 5,7 M€

O Goberno galego consolida en 2023 unha partida de sete millóns de euros para a Fundación Galega de Medicina Xenómica, que duplicou os seus fondos nesta lexislatura
 

22/11/22 | 15:14 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a ruta WAP do Camiño de Santiago de Madrid coma un atractivo para reforzar a unión entre esta comunidade e Galicia a través do Xacobeo

Resalta que os madrileños representan o 10% dos peregrinos que este ano acadaron a compostela e o 20% do total de turistas nacionais que visitaron Galicia