Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/11/22 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dálle un novo impulso ao Campus de Ferrol cunha inxección de 1 M€ para o futuro Centro de Investigación en Industria Intelixente

Román Rodríguez subliña que esta infraestrutura vai ser un “polo de innovación ao servizo de proxectos estratéxicos de enxeñaría, innovación e deseño”

23/11/22 | 13:09 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia engrandece a súa proposta enogastronómica con 18 estrelas Michelin en 16 establecementos

Estas novas estrelas sitúan á nosa comunidade como destino enogastronómico de referencia, tanto a nivel nacional como internacional

23/11/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordina un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior da empresa Syngenta

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou una actuación para comprobar a resposta das institucións e a industria ante un accidente real e a coordinación da comunicación entre os grupos de intervención mobilizados
 

23/11/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros
 

23/11/22 | 12:55 | C. de Sanidade

O Sergas creará unha vía rápida de atención sanitaria e psicosocial a mulleres e nenos en situación de violencia de xénero

A historia clínica electrónica galega incorpora xa unha ferramenta para facilitar a detección temperá destes casos

23/11/22 | 12:51 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta de Galicia salienta que a implicación dos empregados públicos coa innovación permite ofrecer un servizo máis accesible e de máis calidade á cidadanía

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron na entrega do IV Premio empregados/as públicos/as innovadores/as
 

23/11/22 | 12:41

A Xunta imparte un novo ciclo de webinarios para dar resposta ás necesidades de captación profesional e tendencias innovadoras do mercado de traballo

Unha das primeiras actividades, ofrecidas pola plataforma Xempre sobre ‘novo liderado’ ten como relator a Santiago Vázquez, galego que dirixe o Centro de liderado emerxente do Instituto Tecnolóxico de Monterrey en México

23/11/22 | 12:33

A Xunta propón repartir 33 M€ entre os concellos que se acolleron ao programa de rehabilitación de barrios para poder atender todas as solicitudes

O Instituto Galego da Vivenda e Solo traslada ás entidades locais a distribución provisional dos fondos solicitados, que triplica os 11,48 M€ asignados inicialmente
 

23/11/22 | 12:16 | C. de Sanidade

O Plan Galego de Hospitalización 2019-2023 da Xunta recibe o premio ao mellor programa de atención domiciliaria a pacientes crónicos impulsado por unha comunidade autónoma

A concesión do galardón, que outorga a Fundación Tecnoloxía e Saúde en colaboración coa Federación Española de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria (Fenin), reflicte que o Plan Galego de Hospitalización a Domicilio é concebido como un modelo de atención cara ao futuro, centrado nas necesidades do paciente