Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/11/22 | 17:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a 2ª fase do proxecto de humanización da Avenida de Galicia que dará acceso á vía verde e terá novos aparcadoiros en Teis

A intervención suporá un investimento doutros 4 M€ tras a aprobación da primeira fase cun importe de 2,5 M€ para establecer medidas de calmado de tráfico
 

23/11/22 | 16:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta expón o novo modelo de residencias galego nas ‘V Jornada Humanización’ da Asociación de Centros Geriátricos del Principado de Asturias

Destacou os piares básicos que sustentan o modelo galego: a formación continua e a humanización, as novas tecnoloxías, a coordinación sociosanitaria e as melloras arquitectónicas

23/11/22 | 15:58

A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaboran para facer máis accesibles as visitas aos parques naturais con intérpretes de signos

A Federación apoiará á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun servizo de intérprete de lingua de signos tanto nos actos e eventos de carácter institucional como nas visitas guiadas de grupos a estes espazos naturais

23/11/22 | 15:44 | C. de Sanidade

O Sergas continúa a mellorar a protección das persoas traballadoras na sanidade pública durante o embarazo

Estas medidas enmárcanse na execución do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no Servizo Galego de Saúde

23/11/22 | 15:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Baiona o papel do Espacio Hylica na recuperación dos oficios artesanais

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o proxecto impulsado polos obradoiros de Natalia Moreno e Régis Floury, pertencentes á marca Artesanía de Galicia

23/11/22 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á celebración do bicentenario do concello de Paradela coa publicación dun libro elaborado por alumnado da contorna

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación de ‘A Paradela dos máis novos’, no que estudantes de infantil, primaria, ESO e Bacha-relato de Paradela ofrecen a visión da súa contorna, na que naceron ou medraron

23/11/22 | 15:24

A Xunta concede 800.000 € en axudas para apoiar os concellos no seu compromiso co ‘Fermosismo’

O Concello de Ares está a acometer a rehabilitación da antiga escola unitaria e dun lavadoiro na parroquia de Lubre, ao abeiro dunha achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a corrección de impactos paisaxísticos

23/11/22 | 15:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa vertebración interior de Galicia coa apertura do primeiro tramo da autovía Nadela-Sarria tras un investimento de 25 M€

Resalta as vantaxes na mobilidade para unha media de 7.500 vehículos ao día que percorren os 11 km que se abren ao tráfico no sur da provincia de Lugo

23/11/22 | 15:21

A Xunta organiza a través da Rede Eusumo dous cursos para impulsar a economía social en Galicia

O venres 25 de novembro e ata o 9 de decembro desenvolverase a acción formativa Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman