Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Hoxe comeza en Santiago unha nova edición das Catas dos meles e dos queixos de Galicia
Ao longo desta mañá, un panel de sete expertos catarán 33 meles -monoflorais e multiflorais- pertencentes a 20 industrias
Galicia rexistra un total de 1.616 casos activos por coronavirus
Un total de 680.583 pacientes xa están curados
As entidades galegas en Cataluña, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizan unha gran homenaxe aos emigrantes dos anos 80
O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos representantes das asociacións de Cataluña, dentro das reunións habituais que se veñen desenvolvendo cos centros de todo o mundo para planificar as actividades de promoción da cultura e lingua galega
Galicia solicita no Comité Europeo das Rexións que se revise e mellore a aplicación e o funcionamento da Política Pesqueira Común
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde se debateron as prioridades políticas para o ano 2023
Rueda reedita o compromiso da Xunta coas empresas familiares por representar con nomes e apelidos a puxanza de Galicia
Resalta que este tipo de compañías xeran o 86 % do emprego privado da comunidade e representan o 85 % do Valor Engadido Bruto Empresarial de Galicia
Andalucía recoñece a aposta de Galicia pola economía azul e o crecemento das zonas costeiras da cornixa atlántica
A comunidade autónoma recibe este galardón pola súa participación, a través do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, no proxecto Atlazul xunto ás rexións portuguesas do Algarve e Alentejo e a propia Andalucía
O Centro Dramático Galego coproducirá a posta en escena de ‘O auto do Castromil’ por Excéntricas como proxecto gañador do III Certame Manuel María
A proposta vencedora deste concurso para compañías teatrais, organizado bienalmente pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, deuse a coñecer esta mañá no Salón Teatro de Santiago, sede da compañía da Xunta