A Xunta organiza en Lugo un curso sobre capacitación para o persoal de granxas de gando avícola

Impartirase ao longo de catro días no edificio administrativo da Xunta en Lugo a partir do vindeiro venres 25 de novembro

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto desenvolver unha acción formativa en Lugo sobre capacitación para o persoal de granxas de gando avícola. O obradoiro impartirase ao longo de catro días no edificio administrativo da Xunta en Lugo a partir do vindeiro venres 25 de novembro.

O obxectivo desta formación é que os alumnos adquiran as competencias necesarias para o traballo profesional no sector avícola, incluíndo aspectos tanto prácticos como teóricos dos novos sistemas produtivos, as medidas de bioseguridade nas explotacións ou a xestión do esterco.

O curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988, ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@xunta.gal.