Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Agricultura e gandería:

30/12/22 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas para fomentar o uso do idioma galego en colexios e institutos

O obxecto desta iniciativa é financiar as actividades que desenvolven os equipos de dinamización lingüística co fin de promover a utilidade da lingua entre a rapazada

27/12/22 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta concede o V Premio CGAC de investigación e ensaio ao doutor en Filoloxía Hispánica Jorge Fernández Gonzalo

O seu traballo, ‘A caverna baleira’, afonda nos enfoques teóricos, categorizacións e xenealoxías aplicables á arte inexistente

26/12/22 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘A mística da feminidade en Mad Men’, de Xosé Antón Cascudo, gaña o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

O certame é organizado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega

21/12/22 | 20:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O libro ‘100 anos do Día de Galicia’ conmemora o centenario da institución da festividade do 25 de xullo

A obra da historiadora e técnica en Protocolo Gemma Rodríguez aborda desde varias perspectivas aspectos relativos a esta efeméride como a súa orixe, historia e evolución

20/12/22 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conclúe o ano de Florencio Delgado Gurriarán coa presentación da XLV entrega dos ‘Cadernos Ramón Piñeiro’

O secretario xeral de Política Lingüística presenta o volume, que reúne máis dunha vintena de artigos nos que se analiza en profundidade a vida e obra do escritor valdeorrés

19/12/22 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia lidera xunto a nove socios internacionais un ambicioso proxecto para promover a diversidade cultural e lingüística de Europa a través do teatro

Trátase do proxecto ‘Phone’, no que participan varios departamentos da Consellería de Cultura co protagonismo do Centro Dramático Galego
 

17/12/22 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a homenaxe a Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas reforza este espazo como referente da lingua e a cultura galegas

Inaugurou a peza escultórica realizada por Tatiana R. Fírvida que sitúa ao escritor mindoniense no universo creado pola Fundación Insua dos Poetas para honrar aos clásicos das letras galegas