A Xunta reúnese cos directores das residencias públicas áutonómicas de maiores
https://www.xunta.gal/multimedia/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Novembro/semana-04/IMG20221122121514_medium.jpg
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo esta mañá no Complexo Administrativo de San Caetano unha reunión cos directores das residencias públicas autonómicas de maiores.
Este encontro da Dirección xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria coas respectivas direccións das residencias públicas da Xunta serviu para poñer en común os obxectivos estratéxicos a corto e medio prazo e tamén para coñecer as principais inquedanzas dos traballadores do sector.