Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Transporte:

03/07/22 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acondicionará a parada de autobús da estrada PO-308 en Laño, no concello de Poio

Nas vindeiras semanas comezarán os traballos, adxudicados por máis de 32.000 €

30/06/22 | 20:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta considera insuficiente e ineficaz a alternativa do Goberno de España ao peche da A-6 porque non resolve a circulación de entrada a Galicia nin o tránsito dos transportes especiais

Vázquez Mourelle traslada a decepción do Goberno galego ante a falta de solucións aos principais problemas para o tránsito e pola escasa información e concreción ofrecida polo Ministerio sobre o acontecido e sobre a solución definitiva 
 
Agarda que no prazo de 15 días acordado o Ministerio de Transportes avalíe as propostas da Xunta para dar unha alternativa inmediata e completa de mobilidade

Lamenta que tras 23 días non se coñecen as causas do colapso do viaduto do Castro nin as solucións previstas

Considera inexplicable que o Ministerio non avaliara ben todas estas opcións que son tecnicamente viables e ofreza unha alternativa que non resolve o tráfico cara á Coruña, que vai ter que seguir pasando por Pedrafita, nin a circulación dos transportes especiais
 
Reitera que, de modo paralelo á alternativa inmediata, o Ministerio debe avanzar nunha resposta definitiva para o viaduto do Castro e restablecer o tráfico na autovía
30/06/22 | 16:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reactiva desde mañá o servizo de autobús entre o centro de Ferrol e as praias de San Xurxo e de Doniños

Recupérase o funcionamento da liña de autobús cara as praias, que o ano pasado tivo unha grande acollida entre os usuarios, e que se estará en servizo ata o 31 de agosto

29/06/22 | 20:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca aos 23 concellos excluídos do mapa estatal de transportes para consensuar as alegacións e pedir ao Goberno central que rectifique

Vázquez Mourelle insta ao Executivo a modificar o mapa concesional das liñas de autobús porque abandona as poboacións pequenas e incide no despoboamento rural

27/06/22 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abrirá a nova estación de autobuses o 1 de agosto se o Concello finaliza os accesos no prazo establecido na comisión de seguimento

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou da data de apertura da Intermodal á espera de que o Goberno municipal acabe o nodo de entrada e saída á AP-9

22/06/22 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O director xeral de Mobilidade destaca as axudas da xunta de 3,5 M€ para paliar o impacto da suba do carburante no transporte de viaxeiros e urxe ao Goberno medidas inmediatas no sector de mercadorías

Remarca que, a través destes incentivos, o Goberno galego garante o equilibrio das concesións de transportes público interurbano de viaxeiros, da súa competencia directa, asegurando a prestación dun servizo esencial á cidadanía e o emprego no sector
 

11/06/22 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/05/22 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta
26/05/22 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 50.000€ na humanización do acceso á estación de autobuses de Carballo para lograr un espazo máis aberto á vila e máis acolledor para veciños e usuarios

Vázquez Mourelle detalla a ampliación do espazo da cafetería, para abrila ao exterior, e un novo acceso peonil polo lado este, desde a rúa principal

12/05/22 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas