Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

17/11/22 | 16:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Os investigadores visualizan 18 séculos da historia de Galicia no xacemento arqueolóxico de Adro Vello

Os técnicos presentarán este sábado o resultado dos traballos realizados pola Xunta e a Universidade de Vigo nas xornadas ‘Adro Vello. Pasado, presente e futuro’ que se celebrarán na Casa da Cultura Lueiro Rey

17/11/22 | 15:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta pon en valor os programas educativos do instituto de Brión a través da súa biblioteca escolar, na que investiu 50.000 € en equipamento e melloras

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita as recén remodeladas e ampliadas instalacións deste espazo de lectura

17/11/22 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A V edición do Certame de Podcast ‘Xosé Mosquera Pérez' conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste concurso dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria para divulgar a lingua galega a través das novas tecnoloxías e promover a historia da radio en Galicia

17/11/22 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

O Hub audiovisual da Xunta cofinancia a rodaxe en Galicia da próxima longa de Ficción Producciones con Carmen Machi como protagonista

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recibiu os produtores executivos Mamen Quintas e Julio Casal para coñecer máis detalles desta comedia negra que levará por título Tratamos demasiado bien a las mujeres

17/11/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes; Agencia de Turismo de Galicia
16/11/22 | 15:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a comercialización da artesanía de Galicia de cara ao Nadal no Mercado da Estrela de Santiago de Compostela

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación da programación da edición deste ano, que se celebrará do 16 ao 18 de decembro

16/11/22 | 15:02 | C. del Medio Rural

A Xunta suma a empresa Torta de Sarria ao selo de calidade artesanía alimentaria

José Luis Cabarcos lembrou que este produto se comercializará agora co distintivo que garante que cumpre unha serie de requisitos relativos ás materias primas, aos procesos de elaboración, ao modo de presentación ou aos controis aos que se so-mete

16/11/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta afirma que a entrada de Ponte...nas Ondas! Na Unesco sería xusto e merecido

A proposta superou con éxito o informe previo para poder entrar no rexistro de boas prácticas e a decisión final se coñecerá a finais deste mes

16/11/22 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

‘A ollada de Gustav’ pon en valor a identidade e a tradición galegas nunha ducia de concellos dentro do programa da Xunta ‘Territorio Cultura’

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu en Mesía á inauguración dunha exposición arredor das fotografías e gravacións realizadas en Galicia durante os anos 60 polo antropólogo e folclorista danés Gustav Henningsen

16/11/22 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta porá a disposición dos investigadores máis de 7.500 documentos históricos xa restaurados procedentes do lazareto da illa de San Simón

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comproban os resultados da primeira fase dos traballos que está a acometer o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra