Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/09/21 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Volve o ‘Festival Internacional Outono de Teatro’ de Carballo coa axuda da Xunta pola liña de apoio a certames de artes escénicas

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade apoia a cita con máis de 42.000 euros, a maior cifra outorgada na última convocatoria de subvencións a este tipo de eventos

07/09/21 | 19:45 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe

Estabilizados os dous lumes rexistrados no concello lucense de Ribas de Sil, que afectan 1.450 e 140 hectáreas de superficie

07/09/21 | 18:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa anuncia o compromiso da Xunta na mellora do pavillón de Fontecarmoa que acollerá o VI Torneo Encestarias ACB

É a primeira vez que os dous mellores equipos de Galicia enfróntanse nun dos torneos baloncestísticos máis importantes do verán

07/09/21 | 15:56

Medio Ambiente notificou o pasado venres á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a apertura dos catro expedientes sancionadores

Ángeles Vázquez sinala que “se o organismo estatal non é nin sequera capaz de abrir as notificacións oficiais, é normal que non soubera notificar á Consellería o baleirado dos encoros, como está obrigada a facer conforme á lei”

07/09/21 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Valga o convenio para executar as obras necesarias para minimizar o risco de inundación nos ríos Louro e Valga cun investimento autonómico de 1,25 M€

Mellorarase o espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO-548 e a liña de ferrocarril; o espazo fluvial do río Valga entre a liña do ferrocarril e a rúa Devesa; ademais de protexer a marxe dereita do río Valga ao seu paso polo municipio

07/09/21 | 15:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o investimento de 8,7 M€ en equipamento no Chus nos últimos dous anos como exemplo da aposta continua pola modernización tecnolóxica dos hospitais galegos

Á marxe da renovación tecnolóxica, cómpre lembrar que a Xunta xa ampliou recentemente o servizo de urxencias despois dun investimento de 1,65 millóns e segue a traballar na ampliación do complexo para aumentar a súa superficie en 30.000 m2, previo esforzo orzamentario de máis de 50 millóns de euros

07/09/21 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra en Abegondo unha xornada cos 6 concellos seleccionados para a elaboración de plans municipais de abastecemento autónomo

Máis de 100 representantes das entidades locais e comunidades de usuarios dos municipios de Oia, de Baleira, de Oímbra, de Mondariz, de San Xoán de Río e de Cerdedo-Cotobade asisten a este encontro

07/09/21 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A 14ª edición do FICBueu ofrece 10 días de cinema e actividades paralelas co apoio da Xunta

O Festival Internacional de Curtametraxes da localidade pontevedresa é un dos 14 eventos adxudicatarios da convocatoria anual de axudas a festivais audiovisuais, que este ano aumentou o seu orzamento ata os 200.000 euros

07/09/21 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 120.000 euros á mellora da estrada municipal que conecta Meizarán (Triacastela) e Fillobal (As Nogais)

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se renova o firme en 2,5 quilómetros con cargo ao Plan de Infraestruturas Rurais que xestiona a Consellería do Medio Rural

07/09/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta e hostaleiros pechan un acordo de apertura estable do sector no novo escenario da covid

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse hoxe con representantes do sector para concretar o modelo que será abordado polo comité clínico na reunión desta tarde