Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe
Evoluciona favorablemente o lume de Ribas de Sil-Ribas de Sil, que tamén afecta os concellos de Quiroga e A Pobra do Brollón
A Xunta traballa coas partes implicadas para avanzar na regulación da pesca recreativa nos portos e garantir a prevención de posibles riscos
O obxectivo da normativa que permite a pesca deportiva en 107 dos 122 portos autonómicos é regular esta práctica que estaba prohibida desde 1972, de acordo coa lexislación estatal, garantindo a convivencia coas actividades puramente portuarias
A Xunta lamenta a negativa do Goberno central a establecer un protocolo específico para os casos de covid-19 a bordo dos buques
O Executivo galego lembra que a ausencia dun procedemento para coordinar a actuación dos distintos organismos con competencia na materia lastra a eficacia e a eficiencia dos medios dispoñibles para facer fronte ante estes episodios
A Xunta contribúe á celebración do 25º aniversario dos Premios de Teatro María Casares
O director de Industrias Culturais participou hoxe na presentación da entrega dos galardóns, que retoma o seu formato presencial cunha gala este xoves no Teatro Rosalía Castro da Coruña
A Xunta habilita unha sala Gesell nos Xulgados de Santiago para garantir a declaración de vítimas testemuñas vulnerables en condicións de protección e privacidade
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe este espazo acondicionado que conta cunha zona de exploración e outra de observación conectadas mediante un sistema de videoconferencia
A Xunta comeza as obras de mellora do firme na travesía de Esteiro, en Muros
Os traballos, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, teñen un prazo de execución de 3 meses
A Xunta colabora na mellora das infraestruturas viarias do Concello de Moraña
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, os traballos realizados no municipio con apoio da Xunta
A actuación enmarcase na Orde de Infraestuturas de uso público a través da que o Goberno galego financia obras de mellora das instalacións municipais
A Xunta inicia as obras de acondicionamento da estrada OU-129 nos concellos da Veiga, de Viana do Bolo e do Bolo, que supoñen un investimento de 1,2 M€
A intervención ten por obxectivo o reforzo do firme da estrada autonómica con actuacións complementarias ao longo de todo o seu trazado, de algo máis de 10 km de lonxitude, de cara a mellorar a seguridade viaria
A Xunta remite ao Goberno de España a declaración institucional ‘por un rural forte e conectado’, na que 153 concellos reclaman un reparto equilibrado dos fondos Next Generation de Mobilidade
Vázquez Mourelle demanda sensibilidade coas peculiaridades de Galicia ao Ministerio de Transportes para que os municipios pequenos poidan impulsar o seu desenvolvemento e frear o seu despoboamento con acceso aos fondos europeos