Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/09/21 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste máis de 218.000 euros en obras de mellora en catro escolas infantís da cidade da Coruña

Gonzalo Trenor visitou a escola infantíl de Elviña, na que a Xunta levou a cabo a mellora do chan na entrada, corredores, comedor, vestiarios e un aula nova

07/09/21 | 13:02

A Xunta esgotará os fondos do programa de adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes coa concesión de máis dun cento de axudas

Ángeles Vázquez avanza que o Instituto Galego de Vivenda e Solo xa resolveu un total de 96 expedientes, por un importe de case 660.000 euros, e nas vindeiras semanas adxudicará o orzamento restante, para chegar aos 800.000 euros do importe da anualidade de 2021

07/09/21 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O XI Festival Peregrinos Musicais programa desde o sábado máis dunha ducia de concertos de música sinfónica co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do certame que inclúe un concurso no que, como novidade, o Goberno autonómico impulsa un premio final de 1.000€ e a actuación como solista coa Real Filharmonía de Galicia

07/09/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén subliña que o curso 2021-2022 será o da volta á normalidade das escolas infantís

O delegado territorial informou que o número de matriculados de 0 a 3 anos que asistirán a un centro da rede pública na provincia de Ourense é 825

07/09/21 | 12:48 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon á disposición das entidades sociais que están a acoller refuxiados de Afganistán o apoio da Xunta de Galicia

O Goberno galego axudaralle en todo o que sexa posible, dentro da súas competencias, como na provisión de recursos básicos, na escolarización das nenas e nenos, no acceso á sanidade ou na inclusión de programas sociais para unha integración plena

07/09/21 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de acondicionamento de beirarrúas na estrada PO-551 ao seu paso polo concello de Bueu

A actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, ten como obxectivo mellorar a estabilidade da beirarrúa na marxe dereita da vía

07/09/21 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un Fondo de Reserva de Garantía Educativa reforzado ata os 10 M€ para os gastos derivados dos protocolos covid e posibles continxencias na saída da crise sanitaria

Subliña o compromiso de poñer á disposición as medidas de seguridade necesarias nun curso con máis esperanzas grazas á vacina, pero no que aínda se precisan ferramentas para poder convivir coa covid

07/09/21 | 12:35

Galicia defende unha reforma da política pesqueira común baseada na igualdade, a sustentabilidade e a remuda xeracional

Rosa Quintana sinalou que é fundamental ter unha política pesqueira forte para defender os intereses do sector ante terceiros países e que todos desenvolvan a súa actividade de xeito equitativo

07/09/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias recibe ao novo director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida

A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a cooperación activa co Norte de Portugal como unha das claves do desenvolvemento económico de Galicia