Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fabiola García destaca a volta á normalidade das escolas infantís no inicio do novo curso 2021-2022
O número de matriculados nos centros públicos autonómicos é de 7830, isto é un 3% máis que o curso pasado
A Xunta organiza este venres no CFEA Pedro Murias de Ribadeo un curso sobre técnicas de gabeo, desprazamentos e poda en altura
Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a iniciativa desenvolverase en horario de mañá e tarde
A Xunta apoia un ano máis a Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Grupo Terras Gauda, José Mª Fonseca Moretón, ratificaron hoxe o acordo para a creación dun concurso con Turismo de Galicia ao que acceden os finalistas e premiados da Bienal, entre os que se escollerá a imaxe que promocionará as dúas próximas edicións das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño
A Xunta organiza dende este venres no CFEA de Guísamo un curso sobre talla, tronzado e decotado de árbores e sobre mantemento de motoserra
Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a iniciativa está previsto que se desenvolva ata o sábado 18 de setembro
A Xunta convoca o programa ‘Responsabilízate’ para asesorar a unhas 160 pemes na implantación de medidas de igualdade e responsabilidade social
O Diario Oficial de Galicia recolle as bases da terceira edición deste programa que garante asesoramento gratuíto a pequenas e medianas empresas e persoas autónomas para a implantación de plans de Responsabilidade Social Empresarial (RSE)
Galicia aposta polo turismo mariñeiro a través dos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro
O proxecto ‘Praia de Sanxenxo’ conta co respaldo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da ría de Pontevedra e ensina a persoas que visitan Galicia como é unha xornada laboral a bordo dun pesqueiro e as tarefas propias da pesca artesanal
Galicia rexistra un total de 5.848 casos activos por coronavirus
Un total de 171.709 pacientes xa están curados
O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 3 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 5 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico
Activo un incendio forestal no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia de Nogueira
Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de máis de 100 hectáreas