Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/09/21 | 18:08 | C. do Medio Rural

A Xunta exalta a calidade dos produtos agroalimentarios galegos con presenza na 24ª edición de Salimat que se celebra ata mañá en Silleda

Son unha trintena de empresas pertencentes a diferentes sectores produtivos -a maioría acollidas a selos de calidade- as que participan este ano no evento baixo o paraugas de promoción do Goberno galego

04/09/21 | 18:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un portal creado nas redes sociais fai visible a parte máis descoñecida dos Ancares co apoio da Xunta

‘O Argueiro dos Ancares’, presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, naceu como traballo de fin de grao de Lucía Rodríguez, veciña de Navia de Suarna e graduada en Publicidade e Relacións Públicas

04/09/21 | 17:55 | C. do Medio Rural
04/09/21 | 17:14

Medio Ambiente incoa expediente sancionador fronte as concesionarias que efectuaron o baleirado de catro encoros de Ourense e Lugo

Estas entidades procederon a diminuír a auga encorada nas presas de Cenza, As Portas, Salas e Belesar sen agardar polas medidas necesarias e, polo tanto, sen a autorización que marca o regulamento galego de pesca fluvial

04/09/21 | 17:01 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afecta ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de menos dunha hectárea

04/09/21 | 15:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
04/09/21 | 14:30

A Xunta anima á modernización e empoderamento das mulleres do mar no encontro de redeiras en Ribadeo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Ribadeo (Lugo) na convivencia de mulleres redeiras de Galicia, Cantabria, Asturias e País Vasco organizada pola Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’

04/09/21 | 14:15 | Secretaría Xeral para o Deporte

A convocatoria das subvencións para equipamentos deportivos da Xunta acadará neste 2021 un total de 2,61 millóns de euros, catro veces máis que en 2020

No que respecta ao material sanitario, inclúese equipamento de seguridade e prevención inventariable no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19 (mamparas, sistemas de ventilación, sistemas de dispensadores de hidroxeles, sistemas de toma de temperatura, etc.).

04/09/21 | 14:00

A Xunta colabora na VII Feira de caza, pesca e natureza con obradoiros e accións divulgativas sobre os valores naturais de Galicia e a importancia destas actividades

No marco deste evento a Consellería organiza sete talleres dirixidos aos nenos, un concurso de probas por parellas, unha exposición e varios contacontos