Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/09/21 | 14:00

A Xunta colabora na VII Feira de caza, pesca e natureza con obradoiros e accións divulgativas sobre os valores naturais de Galicia e a importancia destas actividades

No marco deste evento a Consellería organiza sete talleres dirixidos aos nenos, un concurso de probas por parellas, unha exposición e varios contacontos

04/09/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

O Bono Concilia da Xunta beneficia este curso a 173 familias lucenses que non obtiveron praza nunha escola infantil pública

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que a axuda incrementouse este ano nun 10% en todos os tramos

04/09/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Román Rodríguez, José González e Nava Castro asisten á etapa 20 de La Vuelta 21 que atravesa ás Rías Baixas

Os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, tamén asistiron a saída desde Sanxenxo e estarán esta tarde na chegada á meta en Mos, na penúltima etapa antes de que mañá a competición remate na praza do Obradoiro

04/09/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a divulgación dos oficios artesanais galegos na 39 Mostra de Artesanía do Couto

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina tres obradoiros de iniciación á olería, á cestería e á estampaxe manual, que se celebrarán mañá domingo en Ponteceso no marco da programación do Festiletras

04/09/21 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede 1500 Bonos Concilia para que as familias poidan financiar unha praza na escola infantil da súa elección

Na provincia de Pontevedra foron 780 os beneficiarios, na da Coruña, 400 e en Lugo e Ourense, 170 en cada unha

04/09/21 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa 17 ciclos e espectáculos musicais cun cento de actuacións a través da nova liña de axudas a concertos do Xacobeo 21-22

O secretario xeral de Cultura e os directores de Industrias Culturais e Turismo de Galicia reuníronse cos representantes das promotoras destes eventos, adxudicatarias de preto de 850.000 euros en subvencións para contribuír á recuperación da actividade empresarial e artística

04/09/21 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración
04/09/21 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor no Gaiás o papel da muller na cultura urbana galega

As xornadas ‘Mulleres e Cultura Urbana’ celébranse esta fin de semana na Cidade da Cultura con participación de balde previa reserva

04/09/21 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O curso escolar comeza o 9 de setembro en Infantil, Primaria e Educación Especial con 187.624 alumnos

En concreto, 55.698 comezan este ano nas aulas de Educación Infantil, 130.774 en Primaria e 1.152 en Educación Especial

04/09/21 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará en Monforte un obradoiro sobre o fenómeno de deriva na aplicación de produtos fitosanitarios

A acción formativa terá lugar no CFEA de Monforte o vindeiro martes, en horario de 10:00 a 14:00 horas