Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/09/21 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta abordará o uso das plantas medicinais nun curso que se celebrará o vindeiro mércores no CFEA de Guísamo

Esta acción formativa, organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, terá lugar o vindeiro mércores 8 de setembro en horario de mañá, de 9:00 a 13:00 horas

04/09/21 | 10:38 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia emitiu xa máis de 1,7 millóns de certificados Covid para a cidadanía

Os puntos de realización de tests de antíxenos instalados nos distritos sanitarios realizaron a proba a 27.393 persoas, detectando 309 casos positivos

04/09/21 | 10:14 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 6.628 casos activos por coronavirus

Un total de 170.534 pacientes xa están curados

03/09/21 | 21:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso da Xunta cunha Atención Primaria actualizada da man de novas tecnoloxías e novos sistemas de atención aos pacientes

Destaca a traxectoria da galardoada Pilar Rodríguez Ledo, a súa paixón pola docencia e pola xestión sanitaria

03/09/21 | 19:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

O Consello da Cultura Galega e Emigración levan ao edificio Cenima de Foz a exposición "Inventio Mundi" que documenta a historia da navegación marítima galega

A mostra poderase ver ata o próximo 15 de outubro e permitirá achegarse a figuras relacionadas coa descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos

03/09/21 | 18:47 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo recoñece ás impulsoras das casas niño o seu compromiso para crear posibilidades de conciliación pioneiras na Galicia rural

Salienta que as casas niño levan cinco anos xerando oportunidades de conciliación coa creación de centros arraigados nos núcleos de poboación máis pequenos, cun horario flexible e cunha atención personalizada, ademais de gratuíta

03/09/21 | 16:36

Medio Ambiente abre expediente sancionador contra a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por permitir o baleirado dos encoros desta demarcación

O organismo de conca estatal vulnerou o procedemento legalmente establecido, ao non solicitar autorización da Consellería de Medio Ambiente para proceder a diminuír a auga encorada nas presas que xestiona

03/09/21 | 15:21 | C. de Economía e Industria

Publicada a licitación para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador avanzado de xestión do tráfico aéreo

Realízase por parte do CDTI en colaboración coa Xunta de Galicia e conta cun orzamento de 13M€

03/09/21 | 15:18

A Xunta adxudicará antes de final de ano as obras para transformar a planta de transferencia de residuos de Ponteceso, nas que investirá 1,3 M€

O financiamento das actuacións de mellora proxectadas nas actuais instalacións correrá a cargo dos Fondos Feder mobilizados pola UE en resposta á crise da covid

03/09/21 | 15:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola dixitalización e a implantación das tecnoloxías da industria 4.0 para impulsar a competitividade do tecido empresarial galego

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, clausurou hoxe en Vigo o programa de obradoiros de dixitalización impulsado polo Goberno galego en colaboración con Ageinco