Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Comisión Territorial da Xunta en Pontevedra informa dos vindeiros investimentos para a comarca da Paradanta por 1,8 M€
O delegado territorial, Luis López, preside este encontro mensual cos responsables territoriais das consellerías, que se celebra por segunda vez de xeito itinerante no Lugar dos Devas, no Concello de Covelo, tras o celebrado en Oia o pasado xullo
Feijóo resalta o novo Centro de Saúde do Saviñao como exemplo do compromiso coas infraestruturas sanitarias cun investimento de 8M€ no sur da provincia de Lugo
Reitera o compromiso do Goberno galego de seguir coa transformación da Atención Primaria, a través de novas tecnoloxías e cun modelo máis proactivo e con vocación comunitaria
Medio Ambiente e Mar colaborarán para adaptar os portos autonómicos aos efectos do cambio climático
O departamento de Medio Ambiente achegará preto de 132.000 euros para financiar os traballos, que se encargará de executar o organismo autónomo Portos de Galicia
A Xunta e Afundación levan a Vigo 'As Miradas de Isaac' para difundir a figura de Díaz Pardo
A exposición homenaxe ao impulsor de Sargadelos, do Laboratorio de Formas ou do Museo Carlos Maside chega a VIgo tras ser visitada por máis de 30.000 persoas nas súas estancias en Santiago e A Coruña
O grupo de traballo galego da PAC constata o avance na negociación grazas ao impulso da Xunta e reitera a demanda de atención para o norte nos ecoesquemas
Entre os logros acadados por Galicia salienta o compromiso do MAPA de regularizar a superficie da nosa comunidade con dereitos de axuda da Política Agraria Común ou o incremento das achegas asociadas ao vacún de leite
Medio Ambiente fixa as condicións para a presentación telemática de 30 procedementos en materia de biodiversidade, caza e pesca continental
Unha das modificacións que se introduce é o cambio de denominación do procedemento Primeira licencia de pesca fluvial, que agora será Licencia recreativa de pesca continental
Feijóo destaca un investimento de 30 M€ este verán para obras de mellora en 400 centros educativos que benefician a preto de 150.000 alumnos
Avanza que a Xunta está licitando outras 84 actuacións por importe de 40 millóns de euros para executar en 2022
A Xunta remata a construción dunha senda peonil na estrada AC-413 no concello de Ordes
Os traballos, cun investimento de máis de 48.000 euros, consistiron na construción dun itinerario entre o inicio da vía autonómica e o punto quilométrico 0+350
Ethel Vázquez avanza que en novembro estará rematada a nova glorieta da AC-550 en Xuño, que reforzará a seguridade viaria nesa contorna de Porto do Son cun investimento de 322.000 €
Salienta que a nova glorieta no cruzamento coas vías da igrexa e da praia das Furnas optimizará os movementos e mellorará a seguridade no lugar do Cruceiro, nun treito da vía autonómica polo que circulan máis de 5.000 vehículos ao día
Sanidade e a Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea colaborarán na posta en marcha de actividades que promovan o proceso de doazón
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta de ASOTRAME, Cristina Piñeiro Couce, asinaron un convenio de colaboración