Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/09/21 | 16:31 | C. do Medio Rural

Solicitada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo no municipio lugués de Ribas de Sil, parroquia homónima

Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume, que afecta provisionalmente unhas 80 hectáreas, ao núcleo de Rairos

06/09/21 | 15:40 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 15,30 h. de hoxe

Activo un lume no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas

06/09/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o éxito de audiencia do paso e remate de La Vuelta en Galicia e o seu retorno económico

As etapas galegas foron seguidas por preto de 4M de espectadores de RTVE

06/09/21 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros universitarios da rede de lectorados da Xunta incorporan novo profesorado

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo unha reunión de coordinación co novo profesorado-lector que se incorpora aos centros universitarios neste curso académico para impartir docencia durante os vindeiros tres

06/09/21 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis 170.000€ na substitución das carpinterías do CEIP Alfredo Brañas de A Laracha

Gonzalo Trenor lembrou que as obras proxectadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade contemplan 35 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento global de 2,8 millóns de euros

06/09/21 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta patrocina o Revenidas de Vilaxoán a través da marca Fest Galicia e o escenario Xacobeo 21-22

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación desta edición adaptada do festival, que se desenvolve do xoves 9 ao domingo 12 cunha quincena de concertos no seu recinto e unha ampla oferta de actividades paralelas

06/09/21 | 14:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta anuncia as datas do 2º exercicio para cubrir 97 prazas do corpo administrativo e 341 do corpo auxiliar da Administración galega

As probas terán lugar o vindeiro 27 e 28 de setembro no recinto da Feira Internacional de Silleda

06/09/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña o valor do asociacionismo veciñal como un elemento que contribúe ao benestar dos cidadáns

O delegado territorial explicou que esta actuación contou cunha achega de preto de 17.000 euros da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

06/09/21 | 14:15 | C. de Economía e Industria

Conde pon Inoxidables de Rábade como exemplo de empresa que cre na mellora constante de produtos, procesos e servizos a través da innovación

Inoxidables de Rábade está a desenvolver un plan de investimentos a tres anos que ascende a 8M€ aos que a Xunta achega 1,3M€