Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/09/21 | 13:06

A Xunta axudará a 23 concellos ourensáns con máis de 72.000 euros para redactar os seus plans de acción fronte ao cambio climático

O delegado territorial subliñou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda atendeu o 100% das solicitudes que se presentaron á convocatoria deste ano, de xeito que case 250 concellos galegos teñen ou están a traballar nesta ferramenta de carácter técnico

02/09/21 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza unha intervención etnográfica-arqueolóxica na illa norte do arquipélago das Cíes

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o encrave no que se traballa coa hipótese de que fora unha antiga ferraría para coñecer xunto aos técnicos os traballos que se desenvolverán ata decembro no Parque Nacional

02/09/21 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a difusión arqueolóxica realizada polos participantes do campo de voluntariado de Oia

Trátase dunha das novidades da campaña de verán deste ano que se desenvolverá ata o 8 de setembro nesta localidade

02/09/21 | 12:25

A Xunta conclúe o trámite ambiental do proxecto de interese autonómico para ampliar o polígono de Bueu

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático non prevé efectos ambientais significativos polo que descarta sometelo a avaliación ordinaria

02/09/21 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar a segunda fase da mellora da rede de abastecemento de Castro de Rei, que suporá un investimento de máis de 355.000 €

Trátase de mellorar as condicións de presión na rede de abastecemento no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea e no polígono industrial, para evitar problemas de abastecemento en época estival

02/09/21 | 11:51

Galicia consegue os mellores niveis de paro en agosto desde hai 14 anos e eleva as afiliacións á Seguridade Social, que baixan no Estado

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que a vacinación e a resposta eficaz á pandemia da Xunta se reflicte en que o mercado laboral segue a resistir á pandemia

02/09/21 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executou obras de acondicionamento na escola infantil Sagrado Corazón de Lugo por importe de 25.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, revisou os traballos realizados no centro de cara ao vindeiro curso, que comeza o 6 de setembro

02/09/21 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a vindeira semana na Fonsagrada dous cursos sobre xestión económica e administración electrónica para explotacións agrarias

Programadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria a través da OAC da Fonsagrada, ambas accións desenvolveranse na aula Cemit desta localidade luguesa

02/09/21 | 11:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana vindeira dous cursos en Chantada e Vilardevós sobre enxertos e podas dos castiñeiros de froito para a renovación dos soutos

As accións serán impartidas polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Axencia Galega da Calidade Alimentaria