Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez destaca o novo acceso á estación de autobuses como a peza clave da intermodal de Pontevedra e avanza que o vindeiro outubro estará concluído o novo espazo público arredor do río Gafos
Vázquez Mourelle salienta que a posta en servizo hoxe do acceso desde a avenida de Josefina Arruti libera o tránsito de autobuses da rúa Estación e mellora o itinerario peonil de conexión coa estación de tren
A exposición 'As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia' pode visitarse en Lugo desde mañá ata o 29 de setembro
A mostra organizada pola Xunta de Galicia é unha homenaxe ás mulleres galegas que abriron camiño nos eidos do xornalismo e da comunicación desde Galicia e outras partes do mundo
A Xunta destaca o efecto tractor de Cupa Group na transformación dixital do sector da lousa e a pedra natural en Galicia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da compañía en Sobradelo de Valdeorras, onde destacou a importancia de levar a cabo a reactivación económica desde a colaboración público-privada e a transferencia de coñecemento ao mercado
A Xunta destaca que o inventario forestal continuo permitirá tomar decisións que contribuirán a consolidar un sector clave para o rural galego
José Luis Chan referiuse ao Inventario como unha ferramenta esencial para realizar diagnoses axeitadas que guíen tanto as decisións políticas como as empresariais relacionadas co sector forestal
O Sergas publica as primeiras listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais como facultativo especialista de atención hospitalaria
Ordeados pola puntuación resultante da aplicación dun baremo
A Xunta inviste máis de 380.000€ na substitución das carpinterías e do illamento térmico exterior do CEIP Eugenio López de Cee
Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético
A colaboración entre Gardacostas e a Policía Autonómica na loita contra o furtivismo permitiu a incautación de máis de 260.000 útiles na última década
Esta suma de esforzos tamén posibilitou o comiso de máis 1,3 millóns de quilos de distintas especies de peixe e marisco entre os anos 2010 e 2020
A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras de mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais do núcleo da Derrasa, no Pereiro de Aguiar
Os traballos, licitados por máis de 500.000 euros e cun prazo de execución de 4 meses, teñen como obxectivo renovar estas infraestruturas hidráulicas
A Xunta atraerá o talento dixital dos galegos no exterior a través do portal GaliciaAberta
O programa Retorna Dixital presenta nun único espazo a oferta de emprego neste eido dirixida a calquera persoa de Galicia residente no exterior e con interese en retornar
A Xunta destaca que Galicia está na vangarda da xenética animal, un factor clave para o seu liderado no sector lácteo
José González puxo en valor que se producirán un mínimo anual de 30.000 doses e que este seme sexado eleva ata o 90% as posibilidades de que o sexo do animal froito da xestación sexa feminino, algo esencial para facilitar a recría do gando