Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/08/21 | 12:15

A Xunta concede 150.000€ do FCA ao Concello de Forcarei para a modernización da potabilizadora, a adquisición dun tractor e gastos de tratamento do lixo

O delegado territorial, Luis López, anuncia esta concesión, a máis elevada da provincia de Pontevedra, nunha visita aos terreos da actual ETAP, na que se investirán 47.673€

05/08/21 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ciclo da Xunta ‘O país das bandas’ ofrece concertos o sábado en Oia, Mos e Salvaterra de Miño

A iniciativa, enmarcada na programación cultural do Xacobeo, ten como obxectivo impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade

05/08/21 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitudes para as empresas de venta de vehículos eléctricos e as de implantación de infraestruturas de recarga que queiran colaborar co programa Moves III

Os concesionarios e instaladores poderán presentar as súas peticións de adhesión como entidades colaboradoras a partir de mañá, venres 6 de agosto

05/08/21 | 11:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e a asociación de palilleiras de Mos presentan o I Encontro de Labores no Camiño no marco de “O teu Xacobeo”

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto á alcaldesa Nidia Arévalo, coñeceu esta proposta que vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago na exposición “Camiño do Encaixe”

05/08/21 | 11:29

Galicia defende a necesidade de introducir cambios na proposta de regulamento europeo de control da pesca para adaptalo á realidade da súa frota

A Xunta traslada á Asociación de Armadores de Cerco de Galicia que está a traballar ante todos os estamentos comunitarios co obxectivo de que se poida modificar o texto durante os debates entre a Comisión Europea, a Eurocámara e o Consello Europeo

05/08/21 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Educación anuncia a licitación da rehabilitación integral do instituto Eduardo Blanco Amor cun investimento de máis de 1,2M€

A actuación forma parte do paquete de nove obras en centros educativos da provincia de Ourense, por importe de case 8M€, que a Xunta vai licitar antes de fin de ano

05/08/21 | 10:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con máis de 380.000 euros seis proxectos de acción humanitaria no exterior

A resolución da convocatoria de axudas deste ano apoia iniciativas de seis organizacións non gubernamentais en Sudán do Sur, Níger, Uganda, Guinea Bissau, así como á poboación siria no Líbano

05/08/21 | 10:29 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.643 casos activos por coronavirus

Un total de 141.036 pacientes xa están curados

05/08/21 | 10:00 | C. de Sanidade

Un total de nove empresas presentan ofertas para executar as obras da reforma e ampliación do centro de saúde do Porriño

A Xunta de Galicia ten previsto investir 4,6 millóns de euros nesta infraestrutura sanitaria de atención primaria