Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/08/21 | 17:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

A 58ª edición da Regata Rías Baixas volve celebrarse baixo o paraugas de Mar de Maeloc que combina a tradición e a excelencia do noso deporte

Moitos dos celtas que viaxaron a Galicia baixo o liderado do bispo Maeloc, fixérono en barcos veleiros como os que impulsaron a Iago López Marra e a Támara Echegoyen cara os diplomas olímpicos ou o que esperemos que leve a Nico Rodríguez ás medallas a partir das 7,30 horas de mañá

03/08/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o programa cultural 'Coñece o teu Camiño' con cinco espectáculos na provincia durante o vindeiro mes

O delegado territorial, Luis López, e representantes da Asociación Cultural Interfolk presentan esta iniciativa, que contempla actuacións no Rosal, Barro, Portas, Catoira e Soutomaior

03/08/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a creación pictórica feminista no encontro de cultura urbana ‘Delas Jam’

Promovido por 7H Cooperativa Cultural, a Delas Jam é un encontro de improvisación pictórica terá lugar na Cidade da Cultura o 4 de setembro, no marco da iniciativa Mulleres e Cultura Urbana

03/08/21 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina preto de 50.000 euros a reparar o muro da ponte de Pacios da Veiga, na Pobra do Brollón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que no prazo aproximado de dúas semanas quedarán rematadas as obras, que reforzan a seguridade da estrutura

 

03/08/21 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renovará a escola infantil da Farixa cun investimento de 34.000 euros

As reformas centraranse na renovación do patio exterior, no que se substituirá o chan actual por placas de caucho de máis calidade

03/08/21 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia obras de mellora nos 5 quilómetros da estrada LU-741, entre o núcleo urbano da Pontenova e Aldeguer

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 334.500 na actuación

03/08/21 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga axudas a catro concellos de Ferrolterra e da súa contorna para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración cun investimento de máis de 197.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña visitou a depuradora do Barqueiro, en Mañón, onde informou que este municipio recibirá máis de 84.000 euros para levar a cabo melloras nesta planta de tratamento de augas residuais e na potabilizadora xeral de Mañón

03/08/21 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica 540.000 euros en subvencións a 28 festivais de música e de artes escénicas

A modalidade para eventos musicais, que distribúe 340.000 euros entre 19 citas, retómase este ano despois de que en 2020 fora substituída por outros apoios debido ás cancelacións pola pandemia

03/08/21 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Rías Baixas aglutina case a cuarta parte das hectáreas demandadas polas denominacións de orixe vitivinícolas para polígonos de viñedo

En concreto, esta DOP solicitou recuperar para a plantación de vides máis de 2.200 hectáreas de terras en estado de abandono ou infrautilización, das máis de 10.000 ha trasladadas polas cinco denominacións de orixe dos viños galegos

03/08/21 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta unifica os procedementos para as ensinanzas deportivas

A Consellería de Educación publica unha orde que regula a organización e funcionamento dos centros que as imparten, así como os criterios de admisión, entre outros