Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/08/21 | 13:16 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición de catro montes da provincia de Lugo no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

En concreto, inscribiranse máis de 213 ha dos concellos de Baleira, O Incio e Cervantes, compostas principalmente por especies quercíneas como o carballo ou o cerquiño

02/08/21 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga axudas a sete concellos de Santiago e da súa contorna para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración cun investimento de máis de 315.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña visitou a depuradora de Touro onde informou que este municipio recibirá máis de 38.000 euros para levar a cabo melloras no pretratamento desta planta

02/08/21 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 106,5 M€ os 7 contratos para garantir a conservación e a vialidade invernal nas estradas autonómicas nos vindeiros 4 anos

Estes contratos distribuídos por áreas teñen como obxectivo a vixilancia e o control das estradas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible

02/08/21 | 13:09 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico en Santa Comba

Organizado a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), a acción formativa impartirase no Edificio Multiusos da localidade coruñesa en horario de 15:30 a 20:00 horas dende este xoves 5 ata o vindeiro 12 de agosto

02/08/21 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1 M€ as obras de demolición da antiga estación de autobuses de Santiago de Compostela

Os traballos comezarán na primeira quincena de setembro e terán un prazo de execución de 3 meses

02/08/21 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 150.000 euros a mellorar a estrada municipal que conecta Bretoña, na Pastoriza, con Riotorto

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se corrixiu unha curva e renovouse o firme en tres quilómetros con cargo ao Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural
 

02/08/21 | 12:47 | C. de Economía e Industria
02/08/21 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo 52 dispositivos na fin de semana dentro dos controis das medidas ante a covid-19 en Galicia

Identificáronse 53 persoas nas labores de vixilancia que se realizaron en 22 concellos galegos no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

02/08/21 | 12:07

O Consorcio Casco Vello de Vigo intensifica o seu Plan de actuación e anuncia a compra de 25 edificacións nos vindeiros catro anos

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada da Xunta en Vigo informou hoxe que os obxectivos fixados polo ente contemplan a construción de 45 novas vivendas cunha inversión de 14,5 millóns de euros ata o 2025