Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

21/06/21 | 17:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a segunda edición dos Premios Innovagal, que recoñecen o compromiso dos centros escolares coa innovación educativa

O obxectivo destes galardóns é poñer en valor o labor de docentes e colexios que desenvolvan enfoques didácticos ou organizativos para dar resposta ás necesidades do alumnado

20/06/21 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía ao conxunto do alumnado as probas de certificación en linguas estranxeiras que ata o de agora se cinguían aos centros plurilingües

Convócanse 5.000 prazas dirixidas ao alumnado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos de Formación Profesional en centros públicos que non forman parte da Rede Plurilingüe

20/06/21 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás promove a creación artística convocando un concurso para producir unha obra icónica sobre o camiño de Santiago

O seleccionado recibirá 40.000 euros polo deseño, produción e adquisición por parte da Cidade da Cultura da obra, que deberá estar conectada co universo do Xacobeo

19/06/21 | 11:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luz Casal actuará en xullo no Obradoiro coa Real Filharmonía de Galicia dentro da programación cultural do Xacobeo 21-22

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a diretora de Turismo, Nava Castro, presentaron xunto coa artista o concerto que será o mércores 21 en Santiago

19/06/21 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña a gran oportunidade que supón as maior oferta de educación da historia de Galicia para o reforzo das plantillas de profesorado

Destaca que os docentes “son a peza clave do sistema educativo” sobre a que se asentan as melloras acadadas na última década na educación pública galega

18/06/21 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Gravado de Ribeira súmase á programación cultural do Xacobeo coa exposición 'No ronsel do Camiño'

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración desta mostra que reúne máis de 100 obras dos artistas Miguel Ángel Lombardía, Manuel Facal e Mariano de Souza

18/06/21 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta estrea os filmes realizados polo alumnado galego do programa internacional ‘cinema en curso’

A Filmoteca de Galicia pechou a edición 2020-2021 coa proxección de catro traballos nos que participaron 70 estudantes de primaria e de secundaria xunto aos directores Xacio Baño, Jaione Camborda, Eloy Domínguez, Marcos Flórez e Ángel Santos

18/06/21 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Mondoñedo celebrará en verán o festival Mindomúsica para achegar a música clásica ao gran público co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da iniciativa, que será do 28 de xuño ao 4 de xullo en varios emprazamentos, desde a Catedral ás parroquias

18/06/21 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia con 30.600 euros actividades de animación á lectura en 35 bibliotecas municipais lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade impulsa distintos programas de colaboración coas entidades locais para dinamizar as bibiliotecas e axencias de lectura

18/06/21 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta festexará o Día da Música o 26 de xuño con cinco concertos no Gaiás de artistas internacionais

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre porán o peche a este micro festival no que actuarán o oscarizado compositor galego Nico Casal, o grupo vasco-francés Kalakan, o portugués André Henriques e a andaluza Rosario la Tremendita