Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/07/21 | 22:01 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,45 h de hoxe

Estabilizado un incendio no concello de Rubiá, parroquia de Biobra, que afecta 0,01 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra

18/07/21 | 12:55 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas

18/07/21 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co Goberno de Canarias vías de colaboración no sector aeronáutico

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana unha reunión co viceconselleiro de Presidencia do Goberno de Canarias, Antonio Olivera, na que lle informou da Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia ata 2025

18/07/21 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta que o momento do audiovisual galego aínda non tocou teito na súa visita á rodaxe da serie ‘Operación marea negra’

O conselleiro asistiu á gravación de diferentes escenas, dirixidas por Daniel Calparsoro e a cargo dos actores Álex González, David Trejos e Leandro Firmino

18/07/21 | 12:40

A Xunta organiza durante o verán unha decena de escolas de río para dar a coñecer a pesca sostible entre a mocidade galega

A formación, en colaboración coa Federación e cun investimento autonómico de 21.000 euros, levarase a cabo en escenarios situados na Arnoia, Zas, Rois, Ribadavia, Arzúa, Coristanco, Aranga, A Pontenova, Mazaricos e Rábade

18/07/21 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 26 Anpas de centros de educación especial benefícianse das axudas da Xunta para financiar as súas actividades

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade habilita unha partida de máis de 60.000 euros para esta convocatoria

18/07/21 | 12:30

A Xunta forma a empresas no eido da comercialización dos produtos do mar no marco do proxecto europeo BAPSI

O obxectivo dos cursos organizados polo Centro Tecnolóxico do Mar é poñer en contacto aos sectores produtivos e aos investigadores a través dun programa formativo teórico e práctico dirixido a técnicos, mandos intermedios e responsables de empresas do complexo mar-industria

18/07/21 | 12:12 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dende mañá en Friol un curso de iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne

Trátase da primeira edición desta iniciativa que se desenvolverá en diferentes concellos da nosa comunidade

18/07/21 | 12:08

A Xunta colabora un ano máis co programa `Enrédate´ de atención a mulleres con discapacidade no rural

Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade, destaca a colaboración conxunta con grupos como a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) e o traballo da Consellería de Emprego e Igualdade en favor da inclusión das mulleres en situación de vulnerabilidade

18/07/21 | 12:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre estratexias de marketing para potenciar o valor das marcas comerciais no ámbito agroalimentario

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, a iniciativa está previsto que se desenvolva no pazo de Quián -en Boqueixón- os vindeiros días 23 e 24 de xullo