Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/07/21 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución dun paso de peóns elevado na rúa Benéfica de Conxo afectará ao tráfico nesa zona de Santiago a partir deste luns

A execución da plataforma realizarase á altura do número 58 desta rúa, quedando interrompida a circulación nese punto desde as 9:00 horas do día 19 e ata a mesma hora do luns día 26

17/07/21 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta avanza na execución do centro integral de saúde de Lalín, cos traballos de cimentación xa finalizados

As obras progresan a bo ritmo, cunha execución incluso adiantada con respecto á programación inicialmente establecida, tal e como constataron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e o alcalde nunha visita ás obras a semana pasada

17/07/21 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia ao sector editorial galego cunha axuda de 200.000 € para gastos de edición, distribución e comercialización das súas publicacións

O obxectivo desta convocatoria é contribuír á difusión das obras publicadas entre o público lector

17/07/21 | 12:29

A Xunta apoiará a execución da senda fluvial entre Trasanquelos e Burricios no río Mendo

Ángeles Vázquez destaca que este proxecto municipal pon en valor patrimonio natural de 3,5 quilómetros da marxe dereito deste curso fluvial

17/07/21 | 12:26 | C. de Sanidade

Sanidade regula a acreditación do persoal de enfermería para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos

A Orde pódese consultar no DOG Núm. 134 do xoves 15 de xullo do 2021, e entrará en vigor aos 20 días da súa publicación

17/07/21 | 12:02
17/07/21 | 11:59 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural anima ás empresas galegas a participar nos postos que despregará en distintas feiras do ámbito agrario

En concreto, poderán mostrar os seus produtos en Salimat Abanca, Iberflora, Fruit Attraction, Salón Gourmets e Xantar, que se desenvolverán entre os meses de setembro e novembro

17/07/21 | 11:23

Ángeles Vázquez lembra ao concello de Baralla que a Xunta dispón de varias medidas para rehabilitar inmobles e facilitar vivenda pública

Sinala que un dos mecanismos é o Fondo de Cooperación, un programa que ten o prazo aberto ata o 1 de outubro

17/07/21 | 11:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un intercambio educativo virtual para 100 alumnos galegos con estudantes de Francia

O programa ‘Galimiens’ desenvolverase entre o 1 de outubro deste ano e o 30 de xuño de 2022