Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/07/21 | 11:12

A Xunta concede as Medallas Emilia Pardo Bazán a Marijé Díaz, Zaza Ceballos e á Asociación Mirabal

O xurado vén de fallar estes galardóns por terceiro ano consecutivo cos que se recoñece o labor a favor da igualdade para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade

16/07/21 | 10:52 | C. de Política Social e Igualdade

Arias destaca que máis de 200 establecementos lucenses ofrecen descontos co Carné Xove, ao que vén de adherirse o Clúster de Turismo

O delegado territorial da Xunta en Lugo explicou que co novo convenio, a mocidade usuaria da tarxeta pode obter rebaixas do 10% en máis negocios de aloxamento e restauración da provincia

16/07/21 | 10:44 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.319 casos activos por coronavirus

Un total de 127.459 pacientes xa están curados

15/07/21 | 21:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta estuda coa hostalería e co ocio nocturno medidas que garantan a súa apertura e a seguridade dos seus clientes

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse con representantes do sector para avaliar a nova situación epidemiolóxica en Galicia e como afecta aos seus negocios

15/07/21 | 18:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa casa de Rosalía de Castro cun novo investimento para rehabilitar o auditorio no seu 50ª aniversario

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o presidente da Fundación Rosalía de Castro asinaron un convenio de colaboración por 100.000 euros

15/07/21 | 16:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca a calidade agroalimentaria e a aposta pola innovación e o mercado exterior de kiwi atlántico

O delegado territorial visita as instalacións da empresa en Ribadumia e mantén un encontro co máximo responsable da firma, Carlos Vila

15/07/21 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha a renovación do seu parque móbil con vehículos de etiqueta medioambiental cero ou eco

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, explicou que esta iniciativa, que conta cun investimento de 6 millóns de euros, contempla a adquisición de 191 vehículos baixo a modalidade de leasing financeiro cun prazo de 48 meses

15/07/21 | 16:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

Unha quincena de equipos ourensáns reciben máis de 230.000 euros ao abeiro do plan de patrocinio da Fundación Deporte Galego

O plan comezou na tempada 2009/2010 con 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición e 3,15 millóns de euros

15/07/21 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca a posta en marcha do Plan de Catedrais que, dotado con 38 M€, permitirá a mellora da conservación dos conxuntos catedralicios de Galicia

Afirma que as intervencións afectarán ás basílicas de Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui, así como á antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo de Foz e ás concatedrais de San Xiao de Ferrol e de Santa María de Vigo