Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/07/21 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior, no concello de Sada

Trátase de impulsar as actuación para reducir o risco de asolagamento na zona das Brañas e a desembocadura do río, declarada como área de risco potencial significativo de inundación

15/07/21 | 13:41

Medio Ambiente sinala que Vilanova de Arousa paga as consecuencias da falta de harmonía entre o regulamento estatal de Costas e a Lei do solo

Encarnación Rivas lembra que a Xunta vén reclamando ao Goberno central un cambio na normativa sectorial de Costas para axilizar a emisión dos informes

15/07/21 | 13:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa esta fin de semana en Muros a comercialización de Artesanía de Galicia e a divulgación dos oficios artesáns

A feira Artesanía de Galicia en Muros celébrase o sábado 17 e do domingo 18 de xullo na praza de abastos e contará coa participación de 17 obradoiros

15/07/21 | 13:32 | Secretaría Xeral de Emigración

Un galego retornado apoiado pola Xunta crea un proxecto que desenvolve “sistemas intelixentes integrados”, base da industria 4.0

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, afirma en Pontevedra que a incorporación á sociedade galega dos retornados está a xerar un gran pulo na innovación dixital dos procesos industriais

15/07/21 | 13:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Consellería de Política Social desenvolve dous minicampamentos en Covelo para impulsar o ocio educativo e a conciliación

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde, Pablo Castillo, visitan a primeira quenda de Aventura en Paradanta, con vinte rapaces participantes, que terá continuidade a vindeira semana

15/07/21 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá preto de 140.000 euros na redacción do proxecto construtivo do novo bombeo e depósito de retención de recheo en Poio

Realizarase un estudo de alternativas, anteproxecto e proxecto para a execución dun tanque de tormentas nas inmediacións do bombeo de Recheo e unha nova impulsión que permita regular o caudal cara á estación de bombeo de augas residuais de Froiz sen pasar pola estación de Saíñas

15/07/21 | 13:02 | C. de Política Social e Igualdade
15/07/21 | 12:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a Pontevedra a mostra homenaxe a Xela Arias 'Asinamos a ser libres'

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición itinerante na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, onde permanecerá ata o 28 de xullo

15/07/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a rehabilitación de cinco inmobles concedendo 1,2 M€ en préstamos sen xuros a tres concellos lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que grazas ao Fondo de Cooperación se reforman edificios para servizos públicos en Barreiros, Outeiro de Rei e Mondoñedo