Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/07/21 | 19:55 | C. do Medio Rural

A Xunta acada o compromiso do Goberno central de regularizar as superficies de Galicia con dereitos de axuda da PAC

Desta forma, conséguese un compromiso dunha reclamación histórica da nosa Comunidade que permitirá que agricultores e gandeiros que teñen superficies elixibles poidan percibir axudas por estes terreos

14/07/21 | 19:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na estratexia económica do Norte de Portugal ata 2030

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou hoxe en Porto na workshop sobre ´´Promoción da Cooperación Transfronteiriza´´ xunto co director xeral de Acción Exterior da Junta de Castilla y León

14/07/21 | 19:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia pon en valor as casas de acollida para a inclusión social das persoas con enfermidades mentais e en risco de exclusión na súa visita á Casa da Porteliña

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe o centro situado en Ponteareas xestionado pola Asociación Dar Máis

14/07/21 | 19:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

31 equipos da área de Santiago, 46 da Coruña e 19 de Ferrol levan máis de 1,2 M€ do Plan de patrocinio da Xunta

O plan comezou na tempada 2009/2010 con 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición e 3,15 millóns de euros

14/07/21 | 19:32 | C. de Sanidade

O Sergas manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo en Marín

Así o sinalou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento de Galicia

14/07/21 | 19:27 | Secretaría Xeral de Emigración

A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas analiza o impacto dos máis de 5M€ destinados dende Emigración a programas de apoio a entidades e galegos do exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta terceira reunión no que vai de ano, co obxectivo de manter o contacto permanente ante as dificultades que está a xerar a actual pandemia

14/07/21 | 18:50

A Xunta aumenta en 30.000 m2 a venda de solo empresarial nos seis primeiros meses do ano

Ángeles Vázquez salienta que esta superficie se traduce nun 70% máis de parcelas e 1,5 M€ máis en bonificacións en comparación co mesmo período de 2019

14/07/21 | 18:06 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez pón en valor a iniciativa da Xunta para instalar caixeiros e prestar servizos de asesoramento financeiro nos concellos do rural

Un total de 34 concellos asinaron xa os convenios de colaboración co Goberno galego para dispoñer destes servizos

14/07/21 | 17:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno que adopte as medidas necesarias para frear o encarecemento do recibo da luz

Conde recoñece que non chega con medidas temporais que son “insuficientes” e requiren dunha “rectificación” por parte do Goberno para abrir un diálogo serio que permita establecer medidas estruturais de reforma do sistema eléctrico

14/07/21 | 17:42

A Xunta apela á unidade do sector do mar para adaptarse aos cambios derivados da pandemia e avanzar na recuperación

O Executivo galego agradece o esforzo realizado polo complexo mar-industria de Galicia durante a pandemia e lembra que este ano incrementou un 28% o seu orzamento para mellorar a comercialización dos produtos do mar