Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta eleva un 54% o orzamento do programa Emega de emprendemento feminino para apoiar máis iniciativas empresariais e xerar emprego para mulleres
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, informou da convocatoria hoxe no Diario Oficial de Galicia dunha nova edición do programa Emega, que contará cun orzamento histórico: 3,2 millóns de euros
A demanda de praza para ciclos de Formación Profesional medra un 9,5% para o vindeiro curso
Na convocatoria de xullo rexistráronse un total de 42.800 solicitudes fronte ás 39.000 do curso pasado, cunha dinámica á alza que se dá en modalidades formativas tanto dos ciclos medios coma dos superiores
A Xunta e a fundación Paideia Galiza impulsan a XVI edición de ‘Mans Futuro’ para apoiar a excelencia nas ensinanzas musicais
Renóvase a colaboración para a convocatoria desta edición, na que se premia a tres titulados da especialidade de interpretación en conservatorios superiores galegos
A Xunta publica hoxe o cambio de titularidade a prol do concello da Baña dunha parcela pública na AC-546 para a construción dunha área de servizo de autocaravanas
Trátase de mellorar a seguridade viaria e a imaxe desta vía, que coincide co percorrido do denominado “Final do Camiño”, no treito de Compostela a Fisterra
Galicia rexistra un total de 6.298 casos activos por coronavirus
Un total de 127.043 pacientes xa están curados
A Xunta márcase como liña vermella nas negociacións da nova PAC garantir o mesmo volume de fondos para Galicia que no anterior período
A prioridade do Goberno galego é aproximar o novo modelo o máximo posible ao da agricultura e a gandaría da Cornixa Cantábrica, con explotacións pequenas e medianas familiares e profesionais, fronte á orientación “mediterránea” que sostén o Ministerio
Comezan as obras de humanización de dúas prazas en Rairiz de Veiga cun investimento de máis de 70.000 euros por parte da Xunta e do Concello
O Goberno galego colabora desde 2010 coas entidades locais a través do Plan Hurbe na creación e mellora de equipamentos municipais de uso público e colectivo
A Xunta amplía en máis de 575.000 euros as axudas para a mellora da producción e comercialización dos produtos da apicultura
O DOG publica hoxe a orde na que se contempla esta ampliación orzamentaria, elevando finalmente o importe global das axudas a preto de 1,3 millóns de euros