Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/07/21 | 15:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a través de FEST Galicia a experiencia musical e de ocio do Vive Nigrán Picnic Pop Festival

O Goberno galego inviste 840.000 euros nos festivais profesionais de música mediante esta marca para a promoción de Galicia como destino musical de calidade e a convocatoria de subvencións

13/07/21 | 15:00

A Xunta advirte de que o novo Plan estatal de vivenda dá as costas á rehabilitación e á conservación dos inmobles

O Goberno galego acaba de presentar as súas alegacións ao novo Plan de vivenda 2022-2025, que ten 12 programas e dos que “só un está dedicado á rehabilitación, entendida como accesibilidade”

13/07/21 | 14:56 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor o importante patrimonio histórico e ambiental de Ourense a través da oferta da campaña de verán na provincia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o campo de voluntariado do Audiovisual Galego, en Celanova, e o campamento Aventura na montaña de Vilariño de Conso

13/07/21 | 14:49 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social aposta pola creación de oportunidades e o acceso ao emprego para os xitanos de Galicia

O Goberno galego achega máis de 300.000 euros á entidade para desenvolver tres iniciativas que promoven a finalización dos estudos obrigatorios, a formación profesional e a inclusión sociolaboral

13/07/21 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova o apoio a Culturgal para contribuír á recuperación da súa esencia como feira

O evento, que terá lugar en Pontevedra do 26 ao 28 de novembro, volve contar coa implicación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade como principal entidade patrocinadora cunha achega económica de 65.000 euros

13/07/21 | 14:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que cada tres días ponse en marcha en Galicia unha nova empresa de economía social, unha cifra que non se freou polas incertezas da pandemia

Destaca que máis de 100.000 persoas, un de cada once fogares galegos, viven da economía social, representando esta forma empresarial arredor do 7% do PIB galego

13/07/21 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Concello de Cee a documentación municipal necesaria para a renovación da rede de saneamento cun investimento de 8,1 M€

Trátase da primeira fase das actuacións proxectadas para mellorar un sistema de saneamento e depuración obsoleto e con numerosas deficiencias que provocan a prohibición de baño permanente na praia de Cee

13/07/21 | 13:48 | C. de Sanidade

O Sergas aproba o seu primeiro Plan de igualdade entre mulleres e homes

O documento conta o apoio de todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Sanidade (CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT)

13/07/21 | 13:40

A Xunta lembra que Galicia conta cun decreto que regula o uso de instalacións permanentes en zona de servidume para garantir o equilibrio entre o uso e a protección da costa

Ángeles Vázquez salienta que este cambio normativo, aprobado en 2019, é unha mostra do bo facer do Goberno autonómico no emprego do territorio

13/07/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza nas obras da igrexa de San Pedro, que xa loce o artesonado mudéxar e outros elementos restaurados

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xornada de portas abertas organizada para dar a coñecer á cidadanía o monumento e os traballos de rehabilitación que se executan