Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta abre a convocatoria da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño ata o 13 de outubro
Os galardóns, convocados a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño
A Xunta incorporou a 95 profesionais para poñer en marcha os programas previstos no Plan de Saúde Mental de Galicia
Estas contrataciones posibilitaron a posta en marcha, entre outras, de dúas novas unidades de saúde mental infanto-xuvenil na Coruña e Vigo
A Xunta demanda ás deputacións unha maior implicación na loita contra os incendios forestais
O conselleiro destacou que a única deputación que está a asumir as súas competencias en materia de lumes é a da provincia de Ourense, xa que o resto leva máis dun ano aprazando unha primeira reunión de coordinación
Román Rodríguez salienta a oportunidade que brinda o Xacobeo para promover o intercambio cultural
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na inauguración dunha exposición no Pazo de Fonseca dedicada ao artista e arquitecto italiano Piraseni
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participa da Comisión Sectorial do Deporte convocada polo Consejo Superior de Deportes
Lete Lasa defendeu a constitución dun grupo de traballo con presencia das comunidades autónomas para a ordenación dos fondos procedentes do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia europeo
A Xunta reúne ao comité de avaliación que se encargará de decidir as mostras de deseño gañadoras das Catas de Galicia 2021
No marco desta nova categoría, presentáronse 115 candidaturas para viños e nove para augardentes, que optan ao Acio de Ouro ao Mellor Deseño dos viños e ao Pote de Ouro ao Mellor Deseño das augardentes e licores tradicionais respectivamente
Galicia contará o vindeiro curso cun total de 465 centros educativos plurilingües, 42 deles de nova incorporación
Do total de colexios que xa formaban parte do Edulingüe, cinco deles amplían o modelo á etapa de Secundaria (plurilingüismo clásico), 41 esténdeno á etapa de Infantil (Plurinfantil) e dous fano á de Bacharelato (PluriBach)
Ethel Vázquez destaca a achega da Xunta de 11 M€ á nova depuradora de Santiago e pide axilidade na execución das obras para avanzar no saneamento do río Sar
Vázquez Mourelle subliña que a Xunta é a Administración que fai o maior esforzo económico ao destinar 11 millóns de fondos propios a este proxecto, pese a tratarse de competencias municipais e estar declarada actuación de interese xeral do Estado
A Xunta asina co Concello de Campo Lameiro o convenio para dotar de saneamento o núcleo de Reboredo, cun investimento de 400.000€
A Xunta achegará o 80% do orzamento, 320.000 euros, e executará as obras, mentres o Concello de Campo Lameiro contribuirá co 20% restante, achegando 80.000 €