Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/07/21 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Zas na mellora da piscina municipal e das instalacións anexas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, coñeceu hoxe as melloras financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, que conta cun orzamento de 4M€

14/07/21 | 13:54 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e a dirección executiva da Rede Europea de Servizos Sociais analizan os efectos provocados pola pandemia da covid-19

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo hoxe unha reunión co director executivo da Rede Europea de Servizos Sociais, Alfonso Lara Montero

14/07/21 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca na inauguración da mostra Galicia Futura a capacidade dos galegos para evolucionar a través do cambio tranquilo, capaz de sintetizar tradición e progreso

Afirma que se a historia de Galicia é a historia dun cambio exitoso, débese a esa capacidade para acompasar a evolución de cada un dos galegos coa evolución do país no seu conxunto

14/07/21 | 13:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor que o proxecto Valornature permite á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal avanzar no desenvolvemento da economía circular

Conde destaca que a cooperación no ámbito da I+D e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía contribúe a posta en marcha dun centro de excelencia de materiais avanzados

14/07/21 | 13:40

A Xunta apoia a actividade do sector da transformación de produtos do mar con máis de 26 millóns de euros

Máis de 22,4 millóns de euros correspóndense coa convocatoria deste ano de axudas para melloras nas pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos do mar trala ampliación do crédito inicial en máis de 6,4 millóns de euros para poder atender todas as solicitudes presentadas que cumpren os requisitos

14/07/21 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da rede de saneamento e da nova depuradora de Lousame

A nova depuradora dará servizo aos núcleos de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa

14/07/21 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o apoio e implicación da Xunta para a reactivación dos eventos deportivos na presentación do I Rallymix de Ribadumia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra asistíu neste concello do Salnés ao acto promocional desta nova proba de motor, que se celebrará a fin de semana do 25 de xullo

14/07/21 | 13:02

A Xunta rematará nas vindeiras semanas as obras de dragaxe do porto de Canido cun investimento de 144.000 euros

Portos de Galicia ten en licitación tamén a construción da nova lonxa do peirao vigués por importe de preto de 300.000 euros

14/07/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá máis de 99.000 no polígono industrial de Sigüeiro para a mellora das súas infraestruturas viarias

Esta orde de axudas ten por obxectivo fortalecer o tecido empresarial galego, crear emprego e mellorar a oferta de solo empresarial

14/07/21 | 12:52

Unha delegación do Goberno rexional de Murcia visita o complexo medioambiental de Sogama como referente na xestión circular dos residuos

Os representantes da Consellería de Auga, Agricultura, Gandería, Pesca e Medio Ambiente interesáronse polo funcionamento do epicentro da actividade industrial de Sogama, modelo dwe referencia dun 94% dos concellos galegos