Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/07/21 | 17:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o éxito das xornadas de portas abertas na Cidade da Xustiza de Vigo tras cubrirse as visitas en menos dunha semana

A delegada territorial da Xunta en Vigo salientou o aluvión de chamadas e o interese da cidadanía viguesa nesta infraestrutura, con 540 persoas inscritas ata setembro

14/07/21 | 17:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o alto grado de execución do Plan Ribeira Sacra no seu primeiro ano pese á covid

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade informou no Parlamento de Galicia que a Xunta executou o 90% das actuacións previstas para 2020

14/07/21 | 16:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende a continuidade da biofábrica de Ence na ría de Pontevedra por ser a única opción para evitar o peche da planta

Conde considera que a proposta de buscar unha ubicación alternativa é inviable porque resulta imposible replicar a mesma tecnoloxía noutro lugar de Galicia, tal e como vén manifestando a empresa

14/07/21 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta rexeita os ataques ao Xacobeo e avoga por evitar a turismofobia e escoitar ao sector

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, chamou a atención no Parlamento de Galicia sobre o desacerto de campañas que poden prexudicar gravemente á hostalería e ao turismo e manchar o prestixio da marca Galicia

14/07/21 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de construción dunha senda peonil na estrada PO-300 en Ribadumia, cun investimento de 48.000 €

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, David Castro, asistiu ao inicio dos traballos, que se levarán a cabo nun treito de 115 metros

14/07/21 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López avanza que a Xunta aprobará este verán o proxecto de mellora integral do abastecemento de Arbo, cun orzamento de 2 M€

O delegado territorial, acompañado do alcalde Horacio Gil, informou do estado de tramitación desta actuación nunha visita de supervisión aos traballos de impermeabilización dos depósitos

14/07/21 | 15:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta denuncia un novo incumprimento na rebaixa das peaxes da AP-9 e insta ao Goberno de España a aclararlles aos galegos cando fará efectivos os descontos

Vázquez Mourelle subliña que “os galegos xa non saben que vai tardar máis, se os descontos da AP-9 ou a chegada do AVE a Galicia”

14/07/21 | 14:54 | C. de Sanidade

Sanidade limita a dez persoas as reunións nas terrazas da hostalería

Establece no nivel medio e medio baixo un máximo de 6 persoas no interior dos locais de hostalería e 10 no exterior. Ademais, recomenda estas limitacións con ámbito xeral. No nivel alto non está permitido o servizo en interior

14/07/21 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofrece 46 actuacións escénicas en seis concellos lucenses adheridos á rede galega de teatros e auditorios

Un total de 35 compañías levarán os seus espectáculos no segundo semestre do ano a Lugo, Ribadeo, Burela, Monforte de Lemos, Foz e Viveiro

14/07/21 | 14:16

Medio Ambiente convoca por 1,5 M€ a orde para a adquisición de puntos limpos móbiles

Ángeles Vázquez adianta que a Xunta quere dar resposta ao alto número de solicitudes e focaliza as axudas nos concellos de menos de 3.000 habitantes, que poderán acceder ao 100% do custo, cun máximo de 70.000 €