Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Delegación da Xunta en Pontevedra celebra a súa primeira Comisión Territorial de Coordinación itinerante en Oia
O delegado territorial, Luis López, salienta, tras presidir o encontro de traballo cos xefes territoriais, que a iniciativa vai ter continuidade polas demais bisbarras e se enmarca na política de “máxima proximidade” cos concellos e os cidadáns
A Xunta inicia o proceso de probas dos novos sistemas de tratamento da depuradora dos Praceres en Pontevedra
A posta en marcha dos novos reactores biolóxicos require o enchido con augas residuais, o que pode provocar malos olores que desaparecerán cando estea cargada a masa biolóxica que realiza a función de depuración das augas
A Xunta adxudica por 340.000 euros as obras de acondicionamento da estrada autonómica AC-110 no concello das Somozas
Os traballos comezarán no mes de agosto, co obxectivo de telos rematados neste mesmo ano
Feijóo traslada o orgullo e a responsabilidade de acoller a rede social máis antiga, máis integradora e a que máis perdura ao longo dos séculos
Destaca que Galicia está preparada para que o Xacobeo 21-22 sexa o mellor da historia: “Somos un pobo diverso que quere seguir crecendo e dando a benvida. Neste dobre Ano Santo todos son benvidos e todos están invitados”
O Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia deixa en Lugo máis de 400.000 euros para 24 equipos
O plan comezou na tempada 2009/2010 con 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición e 3,15 millóns de euros
A Rede Galega de Teatros e Auditorios superará as 500 funcións programadas en 2021
O circuíto da Xunta encara o segundo semestre de actividade, no que ofrecerá 209 actuacións en 36 concellos de toda Galicia a cargo de preto de 100 formacións
A Xunta destaca en Granada a aposta de Galicia polo emprendemento innovador como vía para a creación de emprego e a mellora competitiva
Subliña a posta en marcha de business factories nos eidos da automoción (BFAuto), a alimentación (BFFood) e a aeronáutica (BFAero)
A Xunta concienciará contra a violencia cibernética con atención especial a mulleres e menores
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, clausurou hoxe en Lalín (Pontevedra) un curso de verán sobre educación sexual e violencias organizado pola Universidade de Santiago e o concello pontevedrés
A Xunta outorga o selo de Galicia Calidade á cooperativa 'Bico de Xeado' polo seu espírito emprendedor e a súa vinculación ao mundo rural, a innovación e a sustentabilidade
Esta distinción, tal e como apuntou Conde, supón un recoñecemento á riqueza e emprego xerados pola marca desde o seu nacemento no 2012 a través de produtos 100% artesanais
A Xunta apoia a artistas galegos destinando máis de 200.000€ á creación de obras inéditas para a exposición ‘Galicia Futura’
A mostra, que se inaugurará o mércores, inclúe preto dunha vintena de pezas creadas ex profeso para este proxecto por parte de artistas galegos como Marta Pazos, Oliver Laxe, Rubén Ramos Balsa, Estíbaliz Espinosa, Vítor Mejuto ou Damián Ucieda