Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudicou no primeiro semestre de 2021 máis de 108.000 m2 con bonificacións por 4,5 M€ grazas á venda de 32 parcelas
Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego asignou preto dun 70% de parcelas e 30.000 m2 máis que no mesmo período de 2019, cunha bonificación de 1,5 M€ máis
A Xunta inicia as obras de renovación da avenida do Bierzo, no Barco de Valdeorras, que suporán un investimento de 780.000 euros
A actuación, cun prazo de execución de 8 meses, desenvolverase nos primeiros 655 metros da estrada autonómica OU-622, para reforzar a seguridade e facer máis accesible a súa contorna
A Xunta colabora co Concello da Arnoia na creación dun parque infantil no lugar da Reza
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as novas instalacións financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, que conta cun orzamento de 4M€
Ethel Vázquez subliña que o centro de saúde de Bouzas está executado en máis do 80% e entrará en servizo a finais do verán cun investimento da Xunta de case 1,4 M€
Vázquez Mourelle sinala que este centro de saúde terá capacidade de atender a preto de 10.000 usuarios que ata agora acoden aos ambulatorios de López Mora, Beiramar ou Navia
A Xunta e a Fundación Barrié celebran o Foro Ignicia para explorar as oportunidades de futuro da transferencia de coñecemento en Galicia
O evento terá lugar o 16 de xullo con formato mixto: presencial con aforo reducido na sede da Fundación Barrié na Coruña e retransmitido en streaming
A Policía Autonómica levou a cabo 56 dispositivos na fin de semana dentro dos controis das medidas para evitar a propagación da covid
Identificáronse 149 persoas nas labores de vixilancia que se realizaron en 24 concellos galegos e que se saldaron con 22 denuncias
Unha experta en economía circular dirixirá a sociedade público-privada creada para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos de Galicia
Ademais de Enyd López, entran outras dúas persoas no consello de administración: Amparo Alonso, unha especialista en intelixencia artificial, e Rosa María Sánchez-Yebra, vicegobernadora do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa
Luis López salienta o apoio e implicación da Xunta para a reactivación do sector cultural na presentación do Festival Ikfem en Tui
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra asiste, no Parador da vila tudense, ao acto promocional deste certame internacional de teclado da Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar do 18 ao 22 de agosto
Conde destaca o bo comportamento da industria forestal galega, que encara agora os retos da bioeconomía e a economía circular
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do estudo elaborado pola Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre os datos da cadea de valor da industria forestal-madeira
A Xunta diríxese ao Estado para que flexibilice as condicións do 3º Plan de Rescate e facilite que as axudas cheguen aos sectores afectados pola covid-19
O Goberno galego vén de remitir sendas cartas á vicepresidenta primeira e á ministra de Facenda para que modifiquen as condicións “complexas e ríxidas” impostas a través do Real Decreto 5/21 do 12 de marzo