Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/07/21 | 11:32

A Xunta lanza o Bono Autónomo, con 5,5M€ para apoiar a consolidación de 2000 negocios

Este Bono Autónomo está pensado para axudar a persoas traballadoras autónomas cunha antigüidade superior aos 42 meses para mellorar servizos e investimentos redirixidos ao relanzamento dos seus negocios

12/07/21 | 11:07

Trenor informou que a Xunta apoiou na comarca do Barbanza a 75 autónomos con axudas de máis de 186.000€

O delegado da Xunta destacou que estas achegas poden destinarse a servizos e investimentos dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses

12/07/21 | 11:02 | C. de Política Social e Igualdade

Cubertas as 600 prazas dos minicampamentos de verán da Xunta en tan só dúas semanas

Trátase de estadías de cinco días de duración, de luns a venres, que se distribúen en 30 quendas

12/07/21 | 10:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a actividade científica de 113 grupos de investigación cunha inxección de 24M€

A través dunha resolución conxunta no DOG, a Consellería de Educación e a Vicepresidencia segunda publican o listado dos beneficiarios da actividade investigadora dos Grupos de Referencia Competitiva, os Grupos de Potencial Crecemento e os Proxectos de Persoal Investigador con traxectoria excelente

12/07/21 | 10:30 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 59 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de xullo ata as 23,59 horas do domingo, 11 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico

12/07/21 | 10:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.058 casos activos por coronavirus

Un total de 126.775 pacientes xa están curados

11/07/21 | 13:30

A Xunta e o Colexio de Arquitectos colaboran para facilitar aos concellos acceso telemático aos documentos que requiren de visado colexial

Este novo servizo de interoperabilidade é o resultado dun convenio asinado o ano pasado entre o Goberno galego e o órgano de representación dos arquitectos

11/07/21 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 30 establecementos turísticos de Sanxenxo beneficiáronse das axudas da Xunta para o incremento da calidade da oferta

A Xunta concedeu axudas para a mellora dos 30 establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de 465.000 euros, segundo trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda na reunión mantida co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo

11/07/21 | 13:00 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza coa Fundación Nosa Terra os avances no proxecto do monumento aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a un dos representantes desta entidade para coñecer as novidades entorno a instalación desta escultura que estará dedicada aos máis de 8.000 galegos que fixeron posible a construción deste enlace entre o Atlántico e o Pacífico

11/07/21 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta na Feira de Arco o catálogo da exposición do Gaiás ‘Os brancos segredos do seu ventre’

O secretario xeral de Cultura deulle categoría de “peza artística” polo deseño de Santiago Carballal e polos textos de Ignasí Aballí, Bea Espejo e Mariano Mayer