Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/07/21 | 20:23 | C. de Sanidade

Sanidade habilita o teléfono 900 400 116 para obter o certificado de vacinación

Un total 383.282 persoas xa contan co certificado galego de vacinación, e 426.984 descargaron o certificado europeo

12/07/21 | 18:51

A Xunta estudará a posibilidade de colaborar na mellora ornamental natural do Pazo de Goiáns

O Concello de Boiro opta a incluír tres especies da contorna no Catálogo galego de árbores senlleiras, xestionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural

12/07/21 | 18:32 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a Rodrigo Corrales como o cumio de toda unha historia de tradición do balonmán en Galicia

Amosa o seu convencemento da convocatoria de Corrales para os Xogos de Toquio e asegura que o porteiro volverá a Galicia cargado de éxitos como volveu Begoña Fernández nos Xogos de Londres 2012

12/07/21 | 18:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Concellos do Camiño Portugués da Costa valoran positivamente a puxanza deste itinerario

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa, mantivo un encontro cos edís deste itinerario

12/07/21 | 18:24 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e a dirección xeral de Dereitos da Infancia e Adolescencia do Ministerio de Dereitos Sociais analizan a realidade da xuventude migrante non acompañada

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo hoxe unha reunión con Violeta Assiego

12/07/21 | 18:19 | Secretaría Xeral de Emigración

Máis de 200 persoas participaron no curso online para prescriptores dirixido aos centros galegos do exterior e asociacións de Amigos do Camiño organizado polo Xacobeo e Emigración

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceulles a súa participación e animoulles a promocionar o Camiño en tódolos países con entidades galegas

12/07/21 | 18:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Eixo Atlántico colaborarán na posta en valor do legado cultural compartido da Gallaecia Romana

O organismo celebra unha reunión de traballo en Santiago coa participación da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e os alcaldes de Braga, Lugo e O Barco de Valdeorras

12/07/21 | 15:20 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García enxalza o poder transformador das persoas con discapacidade no camiño cara unha sociedade mellor

O proxecto Natura XXIII dá emprego a persoas con discapacidade no seu viveiro de árbores e plantas

12/07/21 | 15:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello da Arnoia avanzan no traballo para a posta en marcha de dous polígonos agroforestais

Na reunión, a directora e o rexedor do municipio progresaron na consolidación destas propostas por medio da investigación da propiedade e da definición dos seus perímetros