Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta financia a construción de nove pistas multideporte na provincia da Coruña en colexios e institutos o vindeiro curso
Trátase dunha iniciativa novidosa posta en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que supoñen un investimento na provincia da Coruña de máis 500.000 euros
Lete Lasa felicita a Adi Iglesias, Susana Rodríguez Gacio e Carlos Arévalo na entrega dos Premios Nacionais 2019 e 2020
O secretario xeral para o Deporte asistiu ao Palacio Real de El Pardo á entrega dos premios na que participaron os tres deportistas galegos
A Xunta destaca o papel do Abanca Pantín Classic Galicia Pro para afianzar á comunidade como capital internacional do surf e destino ideal de turismo deportivo
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, na entrega de trofeos, onde puxo en valor o bo papel dos deportistas galegos nesta competición, así como os bos resultados acadados nos últimos anos que consolidan a hexemonía do surf galego en campionatos nacionais e internacionais
A Xunta pon en valor o nivel do fútbol sala feminino en Galicia
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu ás xogadoras galegas da selección española de fútbol sala campioas de Europa
Lete Lasa destaca a “forza e a inmortalidade” do automobilismo galego na presentación do II Rallymix Concello de Ribadumia
A Xunta financia todos os rallies do calendario galego nas distintas modalidades cunha achega de 125.500 euros do total de 167.000 euros destinados á federación no 2022 e con 2.500 euros a cada proba do campionato galego de rallymix
Lete Lasa saúda aos 150 judokas da Península concentrados en Marín no 33º Stage Internacional de Judo
No stage organizado grazas ao convenio entre as federacións galega e española e a colaboración da Xunta, participa a galega Laura Vázquez, actual subcampioa do mundo na súa categoría, e deportista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, que xa prepara o próximo mundial
Diego Calvo destaca o auxe do golf en Galicia na recepción do trofeo da Solheim Cup
O vicepresidente segundo da Xunta participou no acto de benvida á copa dunha das máis importantes competicións femininas de golf a nivel mundial, que se celebra o vindeiro ano por primeira vez en España
Lete Lasa aplaude a loita pola igualdade na presentación do triatlón do Porriño máis inclusivo
A nova edición do Triatlón Concello de Porriño quere render homenaxe á loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+
Martina Aneiros recibe ao árbitro Javier Iglesias Villanueva ao que felicita polo seu ascenso a Primeira División do fútbol nacional
A delegada territorial da Xunta en Ferrol destacou a súa traxectoria na organización arbitral onde ingresou aos 16 anos e foi ascendendo nas diferentes categorías ata chegar ao máis alto este mesmo ano