Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta formará a 75 profesionais de distintos sectores como guías especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas
Durante xullo e agosto farán de forma telemática a parte teórica do curso e a partir de outubro realizarán prácticas no centro de visitantes e nas propias illas
Trenor clausura o obradorio de Porto do Son-Ribeira e anima ao seu alumnado a aproveitar estes nove meses de formación para atopar un emprego
O delegado da Xunta destacou que na área do Barbanza se impartiron 4 obradoiros nos que se cualificou a 76 desempregados en ámbitos con gran demanda de emprego
A Xunta organiza en Moeche un curso para o uso das instalacións do seu centro de transformación de produtos agrarios
A acción formativa, de 60 horas de duración total, terá lugar do 18 de xullo ao 11 de agosto no propio Centro de transformación
A Xunta organiza en Boqueixón un obradoiro práctico sobre as especies vexetais multifuncionais en agroecoloxía
O curso terá lugar os días 2 e 9 de xullo e impartirase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude
A Xunta deseña unha nova estratexia galega de responsabilidade social empresarial que fomentará modelos de negocio máis sostibles e competitivos
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou as xornadas Riscos, actuacións e principais oportunidades sostibles en materia de ESG celebradas na Coruña pola Fundación Corresponsables co apoio da Xunta
Avogou por unha Galicia con empresas máis integradoras e competitivas para un contexto de transformación no que o compromiso social ou a igualdade se sitúan no primeiro plano
A Xunta ten marcha unha nova edición do programa Responsabilízate, unha iniciativa que quere apoiar a 200 pemes no desenvolvemento de boas prácticas no marco da Responsabilidade Social Empresarial
Rueda pon en valor a formación profesional para situar o sector turístico e hostaleiro de Galicia como referente a nivel nacional e internacional
Anuncia a creación para o vindeiro curso de novos ciclos formativos da familia de hostalería e turismo para dar resposta á alta demanda e para acadar a excelencia que demostra o sector nun ano no que Galicia está a bater récords de visitantes da man do Xacobeo
A Xunta oferta 69 prazas en cincos proxectos de FP Dual na Mariña lucense, unha modalidade de plena empregabilidade
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destaca que dous dos proxectos son novos respecto do curso pasado
Rueda destaca a Universidade como un espazo desde o que se constrúe a Galicia do futuro co esforzo e o talento que representa a mocidade
Asegura que o Goberno galego continuará coa senda de renovación do mapa de titulacións, coa implantación de 25 novos títulos
A Xunta celebra as primeiras olimpíadas de FP básica para impulsar o prestixio destas ensinanzas
O secretario xeral de educación e FP asiste en Ferrol á primeira das nove competicións, que contan coa participación de 111 alumnos