Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Mar:

04/07/22 | 13:13

Galicia defende a necesidade de contar cos mellores datos posibles á hora de tomar decisións na xestión pesqueira ante retos como o cambio climático

O Executivo galego destaca a importancia de que todas as normas que emanan da Unión Europea conten cun traballo rigoroso previo para que sexan acordes coa realidade do sector pesqueiro

01/07/22 | 12:57

Galicia prepárase para recorrer á vía xudicial na defensa da súa frota se Bruxelas decide aplicar o veto á pesca de fondo

A comunidade está a analizar en profundidade o acordo acadado no seo da Unión Europea e fará un seguimento exhaustivo dos pasos que dea o Executivo comunitario de cara á súa posible entrada en vigor

01/07/22 | 10:13

Mañá comeza a veda da centola na provincia de Lugo

A prohibición de extracción deste crustáceo na costa lucense prolongarase ata o vindeiro 27 de novembro, día incluído

30/06/22 | 16:13

A Xunta asina cos concellos de Cervo, Malpica, Muros, Porto do Son e Ribeira os convenios que permiten ampliar as zonas habilitadas á pesca recreativa nos seus peiraos

Os acordos selados hoxe afectan aos portos de San Cibrao, Aguiño, Corrubedo, Palmeira, Malpica, Muros, Portosín e Porto do Son

30/06/22 | 14:56 | A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias destaca a importancia do premio de deseño Anfaco para fomentar o consumo das conservas do mar

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou na entrega do galardón aos creadores Pablo Fernández e Alberto Guerrero

29/06/22 | 13:09 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a traxectoria exemplar do sector agroalimentario para consolidar Galicia como terra de excelencia

Resalta a traxectoria dos premiados no acto organizado polo Clúster Alimentario de Galicia: “Demostran que detrás dos nosos éxitos hai empresas sólidas e comprometidas co futuro de Galicia”