Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/07/21 | 17:50 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social aposta polas actividades medioambientais e arqueolóxicas no campo de voluntariado de Castro de Vilar

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta tarde as instalacións de Folgoso do Courel

08/07/21 | 17:20

A Xunta apoia a Negreira con máis de 125.000 € no seu obxectivo de sumarse á listaxe de concellos con PXOM

Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego achegará un 90% do orzamento necesario para redactar o Plan xeral

08/07/21 | 17:17

Sogama afiánzase como a planta de tratamento de residuos máis moderna, eficiente e sostible de Europa

Javier Domínguez explica que a ampliación do Complexo Medioambiental, coa incorporación dunha nova planta con tecnoloxía 4.0, supuxo o inicio dunha nova era para a entidade definida polo incremento exponencial da achega á reciclaxe e a notable caída do vertido

08/07/21 | 16:38

Galicia destina preto de 5,6 millóns de euros a impulsar melloras no sector acuícola, maioritariamente do mexillón, e a investigación dos cultivos mariños

A Xunta aproba este ano 92 axudas para investimentos produtivos que impulsen unha acuicultura sustentable por importe de máis de 4,7 millóns de euros das que máis do 80% corresponden ao sector bateeiro

08/07/21 | 16:26 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso coa promoción da raza autóctona porco celta e a mellora das súas explotacións

A Xunta ratifica a súa aposta pola preservación desta raza autóctona por medio de accións como a achega de 123.438 euros a unha destas explotacións para o financiamento dun programa de avaliación do porco celta

08/07/21 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A música emerxente toma a praia baionesa da Barbeira no marco do programa de “O teu Xacobeo”

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu hoxe a presentación do Barbeira Season Fest, no que os galegos Los Marcianos, Baiuca, Moura e Kings of the Beach compartirán escenario con Viva Suecia, unha das bandas máIs representativas do indie nacional

08/07/21 | 16:23

Medio Ambiente paraliza de forma cautelar as obras do Concello de Cangas na praia de Rodeira pola posible afección a unha especie ameazada

No lugar onde se están a desenvolver os traballos existen exemplares de xesta de Ons, un tipo de arbusto incluído no Catálogo galego de especies ameazadas

08/07/21 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias acompaña a saída dos instagrammers que ata o domingo percorrerán catro etapas do Camiño portugués

Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, que suman 4 millóns de seguidores, partiron hoxe desde Redondela no marco da campaña da Xunta para divulgar o Camiño de Santiago entre a mocidade

08/07/21 | 16:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o regreso do Atlantic Fest con 13 días de música en Vilagarcía e 18 grupos en cartel

O festival arousán abre a temporada FEST Galicia 2021, a marca a través da que a Xunta de Galicia apoia unha serie de eventos estratéxicos para a industria musical