Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo avanza unha achega de 48,5 M€ ata 2022 para incrementar as oportunidades laborais de 19.000 desempregados a través da formación
Precisa que esta oferta contará con dúas vertentes: por unha banda, a que se impartirá en entidades galegas acreditadas, e, por outra, os cursos que se desenvolverán nos centros de formación para o emprego, dependentes da Xunta de Galicia
O Goberno Galego outorga a Medalla de Ouro de Galicia 2021 ao persoal do dispositivo de vacinación
Feijóo incide en que os profesionais que nos están axudando a saír do túnel a través da vacinación merecen un recoñecemento polo seu labor profesional, rigoroso, sistemático e certamente salientable desde o punto de vista de éxito loxístico e de organización
Máis de 20.000 familias galegas e 700 autónomos e pemes aforrarán na súa factura enerxética grazas ás axudas do Plan Renove Electrodomésticos e do Bono Enerxía Peme e Comercio
Feijóo subliña que ambas convocatorias mobilizarán un total de 15,5 millóns de euros e permitirán unha redución de CO2 equivalente a plantar 105.000 árbores
O ensaio gañador do premio Ramón Piñeiro 2020 analiza a utilización do folclore polo franquismo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe a obra ‘De imperios e danzas’, de Xosé Manuel Núñez Seixas, no Consello da Cultura Galega
O Sergas e os Colexios Farmacéuticos asinan o protocolo para a expedición de certificados Covid nas oficinas de farmacia
Dende hoxe mesmo, pódense solicitar os certificados de vacinación, de proba diagnóstica e de recuperación
A Xunta concedeu 12 axudas na comarca de Santiago ao sector agrícola de máis de 180.000 € para impulsar o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética
A Xunta ampliou este ano ata os 3,7 M€ as axudas para reducir os custos enerxéticos e para mellorar a competitividade deste tipo de explotacións
A Xunta adxudica por máis de 820.000 euros a mellora do firme na totalidade da estrada autonómica OU-531, desde Xinzo de Limia ata Cortegada
Os traballos comezarán no mes de agosto, co obxectivo de telos rematados neste mesmo ano
A Xunta executa obras de mellora do firme en 11 quilómetros da estrada LU-653, que conecta A Pobra do Brollón e O Incio
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 85.000 euros nos traballos para reforzar a seguridade viaria