Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez destaca que case 10.000 mozos da área de Ferrol viaxan gratis á Coruña e por toda Galicia coa Tarxeta Xente Nova, aforrando ata 1.350 € ao ano
Vázquez Mourelle explica que empregando a Xente Nova todos os mozos galegos, vivan onde vivan, teñen dereito a realizar ata 60 viaxes ao mes de balde en calquera das máis de 3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta
Autores noveis comparten na residencia literaria do Gaiás dúbidas creativas con Sara Mesa e Berta Dávila
Dez escritores emerxentes participan ata o 16 de xullo nesta estadía, encadrada nas ‘REGA’ (Residencias Artísticas do Gaiás) e dirixida polo autor galego Javier Peña
A Xunta inicia as obras para eliminar o tapón urbanístico da rúa Fisterra de Lugo, que executará nun prazo máximo de tres meses
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 48.000 nos traballos de mellora da seguridade viaria, que se engaden aos 15.500 euros abonados na expropiación de dous predios
A Xunta e o Concello de Vilardevós investirán preto de 230.000 € en rehabilitar a piscina municipal e urbanizar o entorno das vivendas do grupo escolar
A colaboración entre ambas administracións enmárcase no Plan Hurbe, un programa impulsado co obxectivo de apoiar ás administracións locais na creación e mellora dos equipamentos públicos e na humanización de espazos de uso colectivo
O concurso Peregrinos Musicais reúne a seis intérpretes internacionais co apoio da Xunta
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación dos finalistas que competirán en setembro por un premio final de 1.000€ e a actuación como solista coa Real Filharmonía de Galicia
O programa da Xunta '21 días co galego e +' promoveu a dinamización da lingua en máis de 9.000 escolares e 24 centros desde a súa posta en marcha
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai balance no Parlamento desta iniciativa presente en varios colexios galegos desde hai tres anos
A Xunta promove en Sanxenxo a comercialización da Artesanía de Galicia
O Pop Up Artesanía de Galicia & D-due estará aberto ao público durante os meses de xullo e de agosto e contará con pezas de 36 obradoiros artesáns
A Xunta investirá 250.000 euros en accións de formación, prevención e sensibilización para renovar o seu compromiso fronte á violencia de xénero no rural
A titular de Emprego e Igualdade puxo en valor a cooperación entre os diferentes departamentos autonómicos para atender ás vítimas de violencia de xénero a través do maior número de vías posibles e lembrou que este acordo posibilitou nos dous últimos anos atender a máis de 3.600 mulleres e 5.200 menores
A Xunta reforza o Centro Dramático Galego como motor de creación escénica con máis de 123 funcións en 2021 e proxectos en máis dun cento de concellos
Neste último ano, especialmente difícil para o sector cultural polas restricións derivadas da pandemia, apostouse pola produción de espectáculos co foco posto na vocación de servizo público e no compromiso co sector
A Xunta adxudica a mellora do firme na travesía de Esteiro, en Muros, que comezará nas vindeiras semanas
Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución de 3 meses