Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/07/21 | 10:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca unha nova edición dos Premios da Cultura Galega en todas as súas modalidades

Os galardóns recoñecen a excelencia creativa nos campos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior

06/07/21 | 10:37 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.638 casos activos por coronavirus

Un total de 126.055 pacientes xa están curados

05/07/21 | 19:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que o Goberno perda unha nova oportunidade para buscar solucións a problemas como o prezo da luz, a planificación eólica e a subestación de Balaídos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde na Conferencia Sectorial de Enerxía, onde se evitaron avaliar cuestións que están a repercutir na economía das familias e na competitividade do tecido produtivo

05/07/21 | 19:06 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca os “logros innegables” da España das autonomías no equilibrio territorial, na xestión dos servizos públicos e no reforzo do sentimento de pertenza ao proxecto común

Salienta a pandemia como a proba máis recente de que o Estado das Autonomías funciona, recordando que as comunidades autónomas non só exerceron as súas competencias, senón que se viron obrigadas a suplir certa descoordinación do Goberno central

05/07/21 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 M€, ao que xa poden optar as seis áreas declaradas de Ferrolterra

Trenor salientou que o DOG publicou a resolución para que os 3 concellos da comarca de Ferrolterra, Ferrol, Mugardos e Neda poidan solicitar fondos para a execución de proxectos de rehabilitación nas seis áreas declaradas nesta zona

05/07/21 | 16:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta confía nas boas perspectivas turísticas do verán da man da marca Galicia, destino seguro

O sector agarda superar a ocupación do 2020 e chegar ao millón de visitantes este verán e aos tres millóns en todo o ano

05/07/21 | 14:57 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará máis de 52.000 euros á mellora de camiños municipais de Monterroso

Así llo confirmou o conselleiro do Medio Rural ao tenente de alcalde deste concello lucense, con quen mantivo unha xuntanza de traballo

05/07/21 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As primeiras axudas da Xunta aos cines reforzan a viabilidade de 21 salas de 13 localidades

A Consellería de Cultura distribúe preto de 240.000 euros entre diferentes espazos de Caldas, A Coruña, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Vigo, Vilagarcía, Viveiro e Xinzo