Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/07/21 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias di que o polígono de Muimenta (Cospeito) reforzará o seu papel estratéxico na Terra Chá coa ampliación que impulsa a Xunta

O delegado territorial de Lugo resaltou que a Administración galega vén de adxudicar as obras para urbanizar 25.100 metros cadrados do parque empresarial, ás que destina 1,3 millóns de euros

05/07/21 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pídelle apoio á Fegamp para evitar que o 98% dos concellos galegos queden fóra dos fondos Next Generation destinados a mobilidade sostible

A asignación de recursos para a mellora da mobilidade fixada polo Ministerio de Transportes restrinxe os investimentos nos municipios de máis de 50.000 habitantes

05/07/21 | 13:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia concede 16 axudas para crear novas casas niño, que xa suman 93 en toda a comunidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o listado das axudas concedidas nesta convocatoria, a sexta desde a implantación do programa en 2016

05/07/21 | 13:57

A Xunta financiará con 250.000 euros a revisión do Plan especial do casco histórico de Allariz para axilizar e promover a rehabilitación neste ámbito

Desde o ano 2019, a Consellería leva comprometidos xa máis de 800.000 euros para actualizar os plans aprobados antes da Lei de patrimonio cultural de Galicia

05/07/21 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade da estrada que conecta Rábade e Vilalba co repintado íntegro da vía, ao que destina 44.000 €

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade renova a sinalización horizontal nos 17,2 quilómetros da LU-541

05/07/21 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación Paideia anuncian o encontro internacional "Carta de Santiago" para promover a reflexión sobre os retos da cultura e a sociedade do futuro

O titular de Cultura do Goberno galego definiu esta cita como unha “oportunidade única para visibilizar e ampliar a esfera de relevancia de Compostela, a Cidade da Cultura e o Xacobeo, vencellado historicamente a ideais de concordia e diálogo”

05/07/21 | 13:15 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide recuperar a cogobernanza e blindar a obxectividade e a concorrencia para acertar no reparto dos fondos Next Generation

Asevera que o Goberno central non pode esquecer que estes fondos son para devolver; “e se os gastamos de forma inadecuada teremos dous problemas: perderemos unha oportunidade; e teremos unha débeda e moitas dificultades para devolver o prestado”, recorda

05/07/21 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a finais da primavera de 2022 Boqueixón verá mellorado o seu saneamento coa nova depuradora de Sergude na que se invisten 1,8M€

Vázquez Mourelle subliña que as obras unificarán o tratamento das augas de Sergude e de Lestedo e triplicarán a capacidade da planta actual, dando servizo a 3.000 habitantes equivalentes en 2042

05/07/21 | 12:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o uso de enerxías renovables en 94 edificios públicos da administración autonómica

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, informou hoxe destas actuacións nas que se investirán 6,05M€ e que permitirán aforrar 400.000 euros ao ano na factura enerxética