Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta agradece ás asociacións galegas de empresarios en España, Portugal e América Latina o seu papel na consolidación internacional da marca Galicia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana unha reunión coas Aegas do resto da Península Ibérica e de Latinoamérica co obxectivo de reforzar a necesaria colaboración público-privada para impulsar o tecido produtivo galego
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Condomiñas, no concello de Cedeira
Estes traballos desenvólvense nun treito de preto de 1,8 quilómetros de lonxitude, nas parroquias de Santa María do Mar e de Régoa
Galicia rexistra un total de 2.136 casos activos por coronavirus
Un total de 125.849 pacientes xa están curados
O Museo Etnolóxico de Ribadavia súmase á programación do Ano Santo cunha nova exposición sobre a pegada xacobea en Francia
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a mostra Les Gens du Chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer que poderá verse ata finais de agosto
Valentín García acompaña a Beatriz G. Turnes na presentación de 'Esta noite hei de ir a verte'
O secretario xeral de Política Lingüística saudou a publicación valorando “a importancia de fomentar o uso da lingua galega na mocidade”
A Xunta porá en marcha traballos arqueolóxicos para o estudo e documentación da Torre de Caldaloba en Cospeito
O Goberno galego limpará a superficie e fará unha prospección na zona de cara a favorecer a caracterización espacial e funcional deste Ben de Interese Cultural
A intervención prevista para este verán inclúe tamén o levantamento topográfico, toma de imaxes e vídeos e o deseño dunha visita guiada para dar a coñecer os valores deste BIC aos visitantes
A renovación do firme da rúa Marcelo Macías de Ourense obriga a prolongar a vindeira semana o corte de tráfico nun treito da vía
A vindeira semana acometerase a extensión do novo firme na glorieta do Olivo e nos últimos 150 metros desta rúa, o que fará necesario o corte de tráfico dese treito durante dous días
A Xunta demanda ao Estado maior información sobre a regulación marco que modificará as funcións e actividades dos axentes forestais e medioambientais
O Goberno galego tamén apunta á necesidade de que a lei estatal teña un fundamento competencial axeitado que evite problemas de seguridade xurídica
A Xunta crea o Rexistro de entidades do sector público de Galicia
Ata o momento, só tres comunidades autónomas contan cun rexistro similar